ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSociedad

O primeiro Xantar Veciñal da Baña xunta preto de 460 persoas no pavillón de San Vicenzo

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de junio de 2024 a las 17:16

Compartir
  • A convocatoria tivo un grande éxito entre maiores de 65 anos e pensionistas, que puideron desfrutar da comida de balde
  • Varias actuacións musicais e un torneo de petanca prolongaron a festa ata ben entrada a tarde

A Baña. 17-6-2024.- Con ganas de leria e sobre todo de pasar un bo rato, preto de 460 persoas encheron o pasado sábado, 15 de xuño, o polideportivo municipal de San Vicenzo para compartir mesa, mantel e algún que outro baile na primeira edición do Xantar Veciñal da Baña. No encontro participou a corporación municipal, encabezada polo alcalde, José Antonio Pereira; e a primeira tenente alcalde e concelleira de Acción Social, Mónica González.

O chamamento do Concello da Baña  para participar nesta xornada de convivencia tivo un éxito rotundo entre maiores de 65 anos e pensionistas, que sumaban máis do 90 por cento dos comensais e puideron desfrutar da comida de balde. O Concello puxo así mesmo un autobús gratuíto dende as parroquias ata o pavillón.

O polideportivo municipal comezou a encherse a partir das 13.00 horas para gozar dun menú que correu a cargo do Restaurante Taboada de Touro e estivo composto por empanada, polbo con cachelos, carne ao caldeiro e tortas de queixo e améndoa.

Gaiteiros da Escola de Música Tradicional da Baña puxeron as primeiras notas musicais do encontro xusto antes de comezar a comida e a festa continuou na sobremesa cun pasarrúas da agrupación Tanto nos ten e unha sesión musical do DJ Mr. Vieito, que fixo bailar ás parellas máis animadas cunha selección de éxitos de sempre.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ademais, os comensais puideron gozar tamén na sobremesa dun entretido bingo e dun torneo de petanca. José María Turnes e Juan Allo foron os afortunados gañadores de dúas cestas de produtos galegos ao ser os primeiros en completar o cartón de bingo.

Etiquetas

bañacomarcaradio lider santiagoXantar Veciñal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha