ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

O PPdeG pide a dimisión de Tezanos logo de “insultar” aos galegos

 

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de marzo de 2024 a las 13:18

Compartir

 

 

  • “Quen pense que unha maioría absoluta con máis de 700.000 votos e un apoio de máis do 47% se consegue porque os galegos son parvos e se deixan enganar é que nin coñece Galicia nin lle importa”, sostén Paula Prado
  • Recorda que estas sondaxes prognosticaban uns resultados para o PSOE que acabaron sendo o seu peor resultado na historia da Autonomía e na perda da maioría absoluta do PPdeG: “O que ía ser a perda da maioría absoluta resultou na primeira do presidente Alfonso Rueda”

12 de marzo de 2024. O Partido Popular de Galicia pide a dimisión de José Félix Tezanos logo da publicación dunha reflexión na que, tal e como explican os populares, o responsable do CIS recorre ao “insulto” aos galegos para ocultar o seu “constatado e reiterado descrédito profesional” e minimizar a “derrota sen paliativos” do socialismo na Comunidade.

“Quen pense que unha maioría absoluta con máis de 700.000 votos e un apoio de máis do 47% se consegue porque os galegos son parvos e se deixan enganar é que nin coñece Galicia nin lle importa”, sostén neste sentido a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, ironizando con que Tezanos critique nesta ocasión “o que Pedro Sánchez leva facendo en todas e cada unha das eleccións ás que se presentou”.

Refírese así ao “regueiro” de promesas electorais feitas por Sánchez tanto nas eleccións municipais, como nas xerais e máis recentemente tamén nas autonómicas. “Mentres algúns pensan que gañar unhas eleccións consiste en vir a Galicia en Falcon a facer promesas que nunca se van cumprir, no PPdeG traballamos cos pés na terra e todo o ano por resolver os problemas dos galegos”, engade a número dous dos populares ironizando co resultado de ambas estratexias.

Prado fai fincapé en que o presidente do Centro de Investigacións Sociolóxicas xa hai tempo que debería ter dimitido “non só pola súa escandalosa e pouco disimulada vinculación ao PSOE, senón polo errado das súas predicións”. E neste sentido pon sobre a mesa que as enquisas do CIS durante a campaña autonómica chegaron a dar ata 15 deputados aos socialistas galegos e na realidade isto traduciuse no peor resultado deste partido en Galicia na historia da nosa Autonomía ao obter tan só nove escanos no Parlamento.

Do mesmo xeito, estas sondaxes prognosticaban a perda da maioría absoluta do PPdeG e outorgáballe ata un mínimo de 34 escanos: “O que ía ser a perda da maioría absoluta resultou na primeira do presidente Alfonso Rueda”. Por non falar, ademais, de que o descoñecemento e a “burda manipulación dos datos” por parte do responsable do CIS chegaron ata o punto de que “os escanos que repartía nin se correspondían coa realidade”. Recordando así que nunha destas enquisas repartíase un escano de máis na provincia de Lugo e un de menos en Ourense.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Que Tezanos deixe de enganar e insultar aos galegos, que nós xa nos encargaremos de traballar para seguir sendo merecedores da confianza que Galicia nos deu por moito que a algúns lles pese”, conclúe.

Etiquetas

dimisionpoliticaPPdGradio lider santiagotezanos
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego