ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoSalud

O PPdeG destaca que «Galicia é pioneira» en sanidade a pesar do “alarmismo hipócrita” da oposición

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de septiembre de 2024 a las 19:00

Compartir
  • Paula Prado: “Fronte ás dificultades, Galicia apostou por medidas arriscadas para reforzar o persoal e que permitiron non só manter a actividade habitual no verán, senón incrementala respecto doutros anos”
  • A secretaria xeral do partido reprocha a BNG e PSOE que «só saiban alarmar» e critica que desde a chegada de Sánchez á Moncloa «ningún dos 6 ministros de Sanidade que levamos foi quen de tomar as medidas necesarias dentro das súas competencias 
  • O centro de saúde de Fontiñas foi para os populares galegos “un bo exemplo de que todo funcionou con normalidade” este verán e de que o plan de cobertura deseñado polo Goberno galego foi efectivo

12 de setembro de 2024. O Partido Popular de Galicia destaca que a nosa Comunidade “foi pioneira” á hora de tomar medidas para garantir unha asistencia sanitaria de calidade durante o verán a pesar da “parálise” do Goberno central e do “alarmismo hipócrita” dos partidos da oposición.

En declaracións aos medios nas inmediacións do centro de saúde de Fontiñas, en Santiago de Compostela, a secretaria xeral do partido, Paula Prado, puxo en valor “a sorte que temos de contar en Galicia cunha sanidade pública de calidade” e agradeceu aos profesionais sanitarios –especialmente aos máis de 48.000 que estiveron traballando durante os meses estivais– a súa contribución á “excelencia” do sistema.

Na súa opinión, son eles e elas “os que fan da nosa sanidade pública unha das mellores do mundo” e, precisamente con eles e elas, “a nosa sanidade seguirá funcionando pola mañá, pola tarde, pola noite, en verán e en inverno”.

“Fronte ás dificultades, Galicia foi pioneira e apostou por medidas arriscadas para reforzar o persoal, ao tempo que seguiu investindo en infraestruturas e tecnoloxía”, afirmou destacando o plan de 12,5 millóns de euros que o Goberno galego puxo en marcha para garantir a asistencia sanitaria de calidade e que a nosa sanidade contara en verán con 1.500 profesionais máis que o ano pasado.

Un reforzo que, tal e como explicou, “permitiu non só manter a actividade habitual no período estival, senón incrementala respecto doutros anos”. De feito, Galicia realizou 1.400 cirurxías programadas máis e o 061 atendeu 5.000 chamadas máis.

“Ante ao alarmismo do BNG e do PSOE, e aínda que lles pese, Galicia segue funcionando”, remarcou Prado criticando a unha oposición “líder da hipocrisía” que “só sabe alarmar e ao final acábase dando de fronte coa realidade”.

Unha oposición, ademais, á que reprochou que “sexan incapaces de apoiar calquera medida da Xunta, nin en Galicia nin en Madrid, pero despois son os primeiros que se poñen detrás dunha pancarta e saen á rúa a manifestarse”.

“Galicia ten que ser un modelo para o Goberno central, xa que van 6 ministros desde que chegou Sánchez e ningún foi quen de tomar as medidas necesarias dentro das súas competencias”, concluíu reclamando á ministra de Sanidade que “se poña a traballar na parte que lle toca”.

O PLAN DE COBERTURA DO VERÁN DEMOSTROU A SÚA EFECTIVIDADE

O centro de saúde de Fontiñas foi para os populares galegos “un bo exemplo de que todo funcionou con normalidade” este verán e de que o plan de cobertura do verán deseñado polo Goberno galego demostrou a súa efectividade. De feito, o centro contou este verán co apoio dun médico residente de cuarto curso que traballou como médico de familia.

Este apoio, xunto aos reforzos realizados polos profesionais do centro prolongando xornadas e facendo gardas, permitiu que nos meses de verán se mellorase a cobertura asistencial respecto a anos anteriores.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

politicappradio lider santiagosanidadesaude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo