ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

O PPdeG denuncia un «entramado» de perfís falsos en redes para desprestixiar a Rueda

 

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de enero de 2024 a las 16:43

Compartir

 

 

  • “Mentres nós decidimos seguir investindo en medidas como a anunciada onte polo presidente Rueda de implantar a gratuidade das matrículas universitarias, hai quen decide gastar o seu tempo en manifestarse a favor da liberación dos presos de ETA e gastar o seu diñeiro nunha organización da mentira e a manipulación”, asegura
  • A secretaria xeral do PPdeG saca á luz unha rede nacional de perfís falsos “ocultos na covardía e traballando desde a mentira” radicados en lugares tan dispares como Rusia, Vietnam ou Uruguai e que “só falan mal de Galicia e do presidente Rueda e defenden todos eles á oposición galega”
  • Amósase rotunda ante estes feitos: “Por moito entramado que financien, a nosa prioridade é e seguirá sendo Galicia, sempre coa verdade por diante. Eles teñen os bots, nós temos os votos”

17 de xaneiro de 2024. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, desenmascarou hoxe as probas dun entramado de manipulación dixital vinculado á oposición que catalogou como “botafumeiro de bulos e mentiras” e que os servizos xurídicos do partido estudan poñer á disposición da Fiscalía.

“Trátase dunha operación organizada de desinformación, de mentira, de manipulación, de ataque despiadado coa vontade de confundir e enganar á poboación e de desvirtuar a realidade”, afirmou antes de dar paso ás evidencias desta campaña que hai detrás das críticas ao PPdeG e ao presidente Rueda e que, na súa opinión, supón “un ataque frontal a Galicia e aos galegos”.

Explicou que, logo de realizar un estudo en profundidade, o PPdeG descubriu unha “rede nacional de perfís falsos, ocultos na covardía, traballando desde a mentira, ao servizo da oposición”. Unha rede operada “con fins electorais e vontade de engano só para gañar con mentiras e manipulación” e que actúa a través de “varios servidores instalados no estranxeiro e ocultos en varias VPN para protexer a identidade e actuar con total impunidade”.

Trátase de perfís radicados en lugares como os Estados Unidos, China, Rusia, Vietnam, Canadá, Italia, Filipinas, Polonia, Uruguai, Bolivia, Ecuador ou Colombia que teñen en común “falar mal de Galicia e do presidente Rueda e defender todos á oposición galega”.

Paula Prado amosou como exemplos unha conta que tuitea desde Nicaragua e “só para criticar a Rueda por todo o que faga”, outra radicada en México dedicada a “defender ao PSOE e a Pedro Sánchez nos seus chíos mentres critica a xestión da Xunta de Galicia”, un perfil de Haití “creado o pasado mes de decembro e moi preocupado polas praias de Galicia” ou outro que desde Polonia “pregunta en varias ocasións sobre a participación no debate electoral”.

“O que temos ante nós é un botafumeiro de bulos e mentiras, unha rede coordinada desde Madrid que traballa ao servizo da oposición e contra Galicia”, concluiu a secretaria xeral do PPdeG logo de expoñer estes e outros exemplos de publicacións que os servizos xurídicos do partido xa están estudando poñer á disposición da Fiscalía.

“GALICIA NON MERECE ESTAR EN MANS DESTA XENTE”

Paula Prado aproveitou a ocasión para recordar dous dos máis recentes bulos difundidos polos partidos da oposición, citando a foto dun peixe de Sri Lanka tomada en 2021 e difundida polo PSOE “para xerar o bulo de que non se poden consumir os produtos do mar galego” e os carteis sobre os pellets do BNG “con fotos feitas en Texas dispoñibles en banco de imaxes de Internet facéndoas pasar por pellets das praias galegas”.

“Mentres nós decidimos seguir investindo en medidas como a anunciada onte polo presidente Rueda de implantar a gratuidade das matrículas universitarias, hai quen decide gastar o seu tempo en manifestarse a favor da liberación dos presos de ETA e gastar o seu diñeiro nunha organización da mentira e a manipulación”, asegurou ao respecto.

Para a número dous dos populares galegos, Galicia “non merece estar en mans desta xente” porque “os perfís falsos non fan estradas, non melloran a saúde, non invisten no deporte das familias, nin axudan aos nosos maiores”. Algo que si fan o PPdeG e o seu presidente, Alfonso Rueda.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“En Galicia podemos elixir entre a estabilidade e o barullo, entre a verdade e a mentira”, remataba a súa intervención non sen antes reafirmar: “Por moito entramado que financien, a nosa prioridade é e seguirá sendo Galicia, sempre coa verdade por diante. Eles teñen os bots, nós temos os votos”.

Etiquetas

bulospoliticaPPdeG
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo