ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP solicita a solución dos problemas peonís tras a remodelación da praza da Mercé

“Como consecuencia da elevación da plataforma e a eliminación de bolardos os vehículos aparcan na zona de tránsito exclusivamente peonil, polo que o que se conseguiu foi que o paso de persoas por toda a praza, sexa máis perigoso que antes”, subliñou José Ramón de la Fuente.

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de mayo de 2024 a las 19:25

Compartir

O popular indicou que, “agora, as persoas só poden transitar polos pasos habilitados para eles, como antes, pero os vehículos circulan e aparcan por todo o espazo”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, reclámalle ao BNG que repense a utilidade da intervención realizada na praza da Nosa Señora da Mercé, no barrio de Conxo, e que poña remedio á inseguridade creada, co fin de recuperar o normal tránsito dos peóns, tal e como denuncia a veciñanza coas súas numerosas queixas.

De la Fuente explicou que “esta actuación, que executaron os nacionalistas, buscaba arranxar o deteriorado estado do espazo, coa repavimentación da vía para o tráfico rodado, pero o resultado non está a ser o máis seguro nin o máis adiado, xa que, tras esta intervención, se produciu a elevación da cota de todo o viario, co que mudou a unha plataforma única de uso compartido”.

“Como consecuencia da elevación da plataforma e a eliminación de bolardos os vehículos aparcan na zona de tránsito exclusivamente peonil, polo que o que se conseguiu foi que o paso de persoas por toda a praza, sexa máis perigoso que antes”, subliñou

O popular indicou que esta situación obrigou ao Concello a pintar de novo os pasos de peóns, tal e como estaban antes, algo que o proxecto non contemplaba, “polo que agora, remarcou, as persoas só poden transitar polos pasos habilitados para eles, como antes, pero os vehículos circulan e aparcan por todo o espazo”.

Tal como explica o popular, á veciñanza resúltalle “pintoresca” a instalación do radar “pedagóxico”, disposto no sentido de baixada cara á rúa de Conxo de Arriba e que non parece unha solución que resolva o problema,  xa que só controla os automóbiles que circulan nun sentido, os que van cara á rúa Conxo de Arriba, pero os que suben desde esa mesma rúa non teñen radar, polo tanto non hai mecanismo que controle a súa velocidade, e o certo é que estase comprobando que hai vehículos que non respectan o límite de velocidade, creando un dobre problema pola falsa sensación de seguridade que provoca.

“Non cabe máis torpeza, resalta o concelleiro popular, posto que coa pretensión de ampliar o espazo para peóns, leváronse a cabo, unhas obras que conseguen exactamente o contrario e, ademais, con esta situación os nenos non poden desfrutar con tranquilidade da praza”.

Subliña que “é que se perdeu unha moi boa oportunidade para conseguir un maior aproveitamento da praza e de mellorar algúns aspectos que os propios veciños reclamaran no seu momento”.

O concelleiro popular que, para intervir na praza dunha forma máis racional, poderíase replantexar e modificar os espazos verdes, posto que agora lles quita espazo aos veciños, sobre todo, aos que acoden con rapaces e que poderían servir para diferenciar o espazo de tráfico e o peonil, ou a instalación dun parque infantil, marquesiñas e mobiliario urbano, xa que “a praza é nun lugar habitual de encontro da veciñanza da contorna”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Sen embargo, cos cambios feitos polos nacionalistas o único que se conseguiu foi beneficiar aos automóbiles e incrementar a inseguridade na zona”, insistiu.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.