ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP pídelle ao Goberno do BNG unha estratexia contra a soidade dos maiores

 

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de enero de 2024 a las 18:53

Compartir

 

 

  • Otero remarca que combater esta situación “é unha obriga do Goberno municipal que debe previr, detectar, visibilizar e buscar vías para atender aos que se atopan nesta circunstancia”.
  • Para o Partido Popular, acadar estas metas é importante, por iso xa demandou ao Goberno nacionalista a posta en marcha de novos programas de atención a persoas maiores no domicilio.

A nosa concelleira, Yolanda Otero, demándalle ao Goberno do BNG que elabore unha estratexia municipal para combater a soidade non desexada das persoas maiores. Esta ferramenta debe ser un instrumento que, a través de varios eixes, atenda a sensibilización da poboación, a prevención, a detección e a intervención, co fin de reducir os problemas e riscos derivados da mesma.

Otero remarca que “combater a soidade non desexada das persoas maiores é unha obriga do Goberno municipal, que debe previr, detectar, visibilizar e buscar vías para atender á veciñanza que se atope nesta situación, polo que incidimos en que o Goberno do BNG ten que desenvolver novos servizos de atención ou reforzar algún dos existentes”.

A popular explicou que a estratexia debe supoñer recursos activos e eficaces que detecten persoas maiores en situación de soidade non desexada o antes posible, para acompañalas e que xestionen a súa propia soidade, destacando a necesidade dun censo, así como a ampliación do servizo de teleasistencia domiciliaria.

“É necesario ofrecer á veciñanza programas municipais de atención de proximidade para apoiar e favorecer a permanencia no seu entorno habitual o maior tempo posible, potenciar a súa autonomía no propio fogar, previr situacións de dependencia, risco ou exclusión social e evitar ou retardar que teñan que ingresar nun centro residencial”, dixo.

Para a popular, acadar estas metas é importante, por iso xa demandou ao Goberno nacionalista novos programas de atención a persoas maiores no domicilio, como a adhesión a Xantar na casa ou un servizo de lavandería a domicilio.

Yolanda Otero insiste na necesidade de reforzar o Servizo de Axuda no Fogar para chegar ao maior número de persoas posibles, a implementación doutros recursos novos que incidan no benestar e calidade de vida das persoas maiores, tratándose, polo tanto, de medidas idóneas dunha Estratexia municipal de soidade non desexada.

“Polo que, entre outros programas, resaltamos a posta en marcha dun programa de voluntariado sénior ou a aposta por proxectos de convivencia interxeneracional ou xeracional a través da figura das vivendas comunitarias  ou cohousing, incidindo no dereito das persoas a elixir onde e como envellecer”, subliñou a popular.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Cabe sinalar que, segundo datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) no Concello de Santiago viven preto de 23.000 persoas con idade de 64 o máis anos, o que supón máis do 23 % da totalidade da poboación.

Etiquetas

maioresppsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»
Comarca

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans