ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP pide revisar o acceso á Zona Vella contando coas necesidades dos colectivos afectados

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de abril de 2024 a las 22:50

Compartir
  • Olaya Otero remarcou que, “tras case 10 meses no goberno, os nacionalistas deberían coñecer a realidade do casco histórico, xa que son os responsables de atopar solucións que faciliten a vida dos “heroes” que, a pesar das difíciles condicións, teñen o valor de vivir e traballar nesta zona”.
  • “O próximo día 1 de maio comezarán a funcionar os borlardos instalados dentro do Proxecto Smartiago, sistema que naceu co obxectivo de “regular” o acceso de vehículos ao Casco Histórico de Santiago e todo isto segue sen ter unha resposta clara” explicou Otero”.

O Partido Popular de Santiago reclámalle ao BNG que proceda a levar a cabo unha revisión do acceso e percorridos permitidos no Casco Histórico, tendo en conta sempre as necesidades dos diferentes colectivos afectados, como habitantes e comerciantes, entre outros.

A concelleira popular, Olaya Otero, remarcou que, “despois de case 10 meses no goberno, os nacionalistas deberían coñecer a realidade da zona vella compostelá, xa que son os responsables de atopar solucións que faciliten e melloren a calidade de vida dos “heroes” que, a pesar das condicións cada vez máis complicadas, teñen o valor de vivir e traballar nesta zona da cidade”.

A popular tamén lles recorda que o BNG tería que ser o encargado de buscar medidas que revitalicen o Casco Histórico, sen que estas poidan afectar ou deteriorar o patrimonio de todos os veciños e veciñas de Santiago, “posto que está moi ben coidar o patrimonio, pero, subliñou, o maior patrimonio son os veciños.

“O próximo día 1 de maio comezarán a funcionar os borlardos instalados dentro do Proxecto Smartiago, sistema que naceu co obxectivo de “regular” o acceso de vehículos ao Casco Histórico de Santiago e todo isto segue sen ter unha resposta clara” explicou Otero.

Sinalar, dixo, que “neste momento, o procedemento para poder solicitar permiso fora do horario de libre acceso, é dicir, entre as 7.00 e as 10.30 horas da mañá, resulta pouco compatible co desenvolvemento de certas profesións, como é o caso de oficios vencellados á construción, polas características da súa actividade; ou o reparto de mercadorías, no que se inclúe a entrega especial de farmacias”.

“Esta situación supón unha dificultade para as persoas que traballan nestes sectores, pero, ademais, trae consigo unha penalización a residentes e empresas, porque non poden acceder a determinados servizos en igualdade de condicións ao resto da veciñanza da cidade, por exemplo á hora de levar a cabo calquera tipo de mantemento nos fogares”, indicou.

Desde o Partido Popular de Santiago, temos recollido as queixas que nos fan chegar os distintos afectados, sinalando, que, “cada vez, resulta mais complicado vivir no Casco Antigo, como consecuencia das dificultades e restricións coas que se atopan”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Olaya Otero indicou tamén que “se descoñece cal será a situación, a partir do vindeiro mes, para o colectivo de persoas con mobilidade reducida, que a pouco mais dunha semana da entrada en vigor do novo sistema, non teñen coñecemento, tan sequera de que se fose poñer en marcha”.

Etiquetas

accesocompostelappradio lider santiagosantiagozona vella
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha