ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

O PP esíxelle ao BNG que se “tome en serio” os problemas de tráfico de drogas na cidade

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de junio de 2024 a las 20:59

📷 Imaxe de arquivo

Compartir
  • Como lembra José Ramón de la Fuente, “o BNG acúsanos de populistas e alarmistas, pero a realidade se ve nos datos que aporta o Ministerio de Interior, as cifras son teimudas e din que os delitos vencellados ao tráfico de drogas medraron, desde o ano 2019, máis dun 500%”.
  • Subliña que a denuncia en Santa Marta únese á doutros barrios que padecen idéntica problemática: Conxo, Almáciga, Ensanche, Figueiras, a contorna de Xoán XXIII, Vite, Vista Alegre, Casco Histórico, Fontiñas, Pelamios, Quiroga Palacios e San Pedro son só algunhas das zonas onde existen puntos de venda de drogas, o que provoca problemas de convivencia coa veciñanza.

No pasado mes de maio, o PP de Santiago denunciou que a veciñanza do barrio de Santa Marta estaban lanzando unha sinal de alarma, pedíanlle auxilio ao BNG ante a situación desesperada que estaban padecendo, pero a única resposta dos nacionalistas foi acusar ao Partido Popular de debuxar un panorama apocalíptico e, incluso se permitiron, facer bromas sobre este asunto.

Como lembra o concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, “o BNG acúsanos de populistas e alarmistas, pero a realidade se ve nos datos que aporta o Ministerio de Interior, as cifras son teimudas e din que os delitos vencellados ao tráfico de drogas medraron, desde o ano 2019, máis dun 500%”.

De la Fuente subliña que a denuncia en Santa Marta únese á doutros barrios que padecen idéntica problemática: Conxo, Almáciga, Ensanche, Figueiras, a contorna de Xoán XXIII, Vite, Vista Alegre, Casco Histórico, Fontiñas, Pelamios, Quiroga Palacios e San Pedro son só algunhas das zonas onde existen puntos de venda de drogas, o que provoca problemas de convivencia coa veciñanza.

“No pasado mes de abril, -insistiu- debatemos unha moción do PP pedindo que as cámaras de videovixilancia instaladas pola cidade, se puxeran a gravar, cousa que actualmente non fan, e os nacionalistas despacharon a súa negativa á proposta, argumentando que non eran necesarias, e que non compensaba economicamente facelo, un exemplo da empatía do BNG cos veciños que viven atemorizados nos seus propios barrios”.

De la Fuente remarcou tamén que, en varias ocasións, se lles pediu que melloraran a iluminación en moitos puntos da cidade, entre outras cousas, pola inseguridade que provoca a falta de visibilidade que hai en todo Santiago e non só non a melloran, senón que cambian moitas luminarias por outras de menor potencia.

“Non queren que as cámaras de videovixilancia graven, non queren que a cidade estea ben iluminada, poñen atrancos a que a Policía local reforce as quendas e patrullas, mediante a realización de horas extras; polo que nos preguntamos se realmente saben en que cidade viven”, agregou.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, José Ramón de la Fuente subliñou que o BNG pode facer máis do que esta facendo, xa que “ten ao seu alcance medidas útiles para a prevención e persecución de delitos, pero non as queren poñer en marcha e se amosan reticentes a incrementar a presenza policial nas rúas, medida imprescindible para atallar o incremento da delincuencia en Santiago”.

Etiquetas

composteladrogasppsantiagoseguridade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Policía Nacional incorporará 40 axentes para reforzar a seguridade en Santiago
Destacado

A Policía Nacional incorporará 40 axentes para reforzar a seguridade en Santiago

Criminalidade | O PP acusa ao goberno de “mirar para outro lado” e o executivo responde: “Santiago non é o Bronx”
Destacado

Criminalidade | O PP acusa ao goberno de “mirar para outro lado” e o executivo responde: “Santiago non é o Bronx”

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois
Actualidad

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago