ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP esixe solucións inmediatas ante o caos de mobilidade no Campus non universitario de Lamas de Abade

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de noviembre de 2024 a las 18:44

Compartir
  • Borja Rubio advertiu que a situación está a xerar “graves problemas de convivencia e unha inseguridade viaria crecente, que pon en risco tanto a estudantes como a peóns e incluso, aos vehículos que transitan pola zona”.
  • Destacou tamén a inadecuación do transporte público, xa que o último autobús urbano que pasa polo IES Lamas de Abade faino antes de que rematen as clases, obrigando ao alumnado a saír antes ou a desprazarse ata o Restollal para coller o seguinte autobús.

O concelleiro do Partido Popular, Borja Rubio, denunciou a total falta de acción do BNG fronte ao caos de mobilidade que afecta, non só á comunidade educativa, senón tamén á veciñanza da contorna de Lamas de Abade onde, cada día, máis de 3.000 estudantes acceden aos centros educativos do Campus non universitario de Compostela, é dicir, os do CIFP Compostela, CEIP Lamas de Abade, EI Raiola, Aspanaes e IES Lamas de Abade.

O popular advertiu que esta situación está a xerar “graves problemas de convivencia e unha grave inseguridade viaria crecente, que pon en risco tanto a estudantes como a peóns e incluso, aos vehículos que transitan pola zona”.

«É inaceptable que un barrio tan transitado, no que cohabitan escolas, centros de formación profesional e numerosas vivendas, manteña os mesmos accesos de hai máis dunha década, o que provoca atascos e incomodidade, ademais de crear un escenario de falta de seguridade continua para quen ten que empregar dita área», agregou Rubio.

Cabe sinalar, que a única actuación que se levou a cabo no pasado mandato foi o peche ao tráfico da rúa da Chaparra, tras a rotonda do CIFP Compostela, o que non fixo outra cousa que empeorar, aínda máis, a situación, xerando un efecto embude que afecta a toda contorna.

Borja Rubio destacou tamén a inadecuación do transporte público, xa que o último autobús urbano que pasa polo IES Lamas de Abade faino antes de que rematen as clases, obrigando ao alumnado a saír antes ou a desprazarse ata o Restollal para coller o seguinte autobús, o que supón “unha mostra máis de que o BNG ignora as necesidades diarias das persoas que se desprazan á zona, sen ter en conta as demandas de estudantes, familias e veciños que ven afectada a súa calidade de vida».

Ante esta grave situación, desde o Partido Popular de Santiago, “esixímoslle aos nacionalistas un plan de acción serio e urxente que responda ás necesidades da comunidade educativa e da veciñanza, mellorando o acceso e reforzando a seguridade viaria para peóns e vehículos”, subliñou.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

«Non podemos seguir ignorando os riscos de seguridade que isto supón para todos. É hora de que o goberno nacionalista escoite á cidadanía e poña solucións reais enriba da mesa para garantir un entorno seguro e accesible para todos,» conclúe Rubio.

Etiquetas

compostelalamas de abademobilidadepoliticappsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo