ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP denuncia que os problemas de tráfico de drogas tamén afectan ao Campus Sur e Galeras

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de septiembre de 2024 a las 15:08

Compartir
  • Os concelleiros populares subliñan que o Campus Sur está sufrindo un incremento alarmante de persoas que utilizan os edificios e equipamentos da Universidade para pernoctar e consumir estupefacientes.
  • “O BNG non quere recoñecer esta problemática e nos acusa de alarmistas, pero o certo é que a situación non deixa de agravarse sen que os nacionalistas teñan tomado medida algunha, a pesar de que os delitos, vencellados ao tráfico de drogas, medraron en Santiago desde 2019 máis dun 500%”, remarcou De la Fuente.

Os concelleiros do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero e José Ramón de la Fuente, fixeron unha visita ao barrio de Galeras e o Campus Sur, onde confirmaron, de primeira man, a existencia de numerosos desperdicios que demostran que estas zonas estanse a converter nun lugar habitual para o “trapicheo” e consumo de estupefacientes.

Concretamente, no Campus Sur puideron comprobar como, a simple vista, os múltiples restos que hai na contorna dos edificios Emprendia e Cimus converten esta zona nun lugar que comeza a ser problemático; e en Galeras a venda de droga prodúcese na propia rúa, á vista de calquera, a escasos metros de centros escolares e zonas infantís.

Otero e De la Fuente aseguran que, co curso xa comezado, a situación preocupa tamén a profesores, traballadores e alumnos, xa que se teñen atopado, o pasado ano, con xente durmindo na propia entrada dos edificios, provocando non poucos incidentes.

Ademais, explican os edís populares, “a veciñanza de Santa Marta xa ten alertado do aumento de altercados no barrio e a presenza de toxicómanos, cunha actitude agresiva, e tamén é máis frecuente, cada vez, atopalos durmindo dentro dos portais, o que incrementa a sensación de inseguridade, sobre todo, para as familias con nenos e xente maior”.

“O BNG non quere recoñecer esta problemática e nos acusa de alarmistas, pero o certo é que a situación non deixa de agravarse sen que os nacionalistas teñan tomado medida algunha, a pesar de que os delitos, vencellados ao tráfico de drogas, medraron en Santiago desde 2019 máis dun 500%”, remarcou.
O Partido Popular xa ten presentado no Pleno distintas propostas neste eido pero o BNG continúa sen facer nada, nin tan sequera puxeron a funcionar as cámaras de videovixilancia despregadas pola cidade, nin melloraron a iluminación, é máis, non só non a melloran, senón que colocan novas luminarias por outras de menor potencia

Pola súa banda, Olaya Otero insiste en que “non é comprensible a negativa do BNG a adoptar, polo menos, algunha destas medidas que esta a demandar a cidadanía e que dependen, directamente, dunha decisión dos nacionalistas, pero a realidade, como xa dixemos, é que os delitos crecen na capital de Galicia, ante a pasividade dos nacionalistas, o que empeza a xerar alarma social”.

Os populares subliñan que son xa moitos os lugares onde se rexistran problemas de tráfico de drogas, como: Conxo, Almáciga, Ensanche, Figueiras, entorno de Xoán XXIII, Vite, Vista Alegre, Casco Histórico, Fontiñas, Pelamios, Quiroga Palacios, San Pedro, Choupana, Santa Marta ou Campus Sur.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Os nacionalistas non poden seguir agochándose tras o argumento baleiro de que se trata dun problema puntual, lembrou De la Fuente, a realidade é teimuda e calquera pode ver que se está a estender por toda a cidade, sen que o BNG fóra quen de artellar unha política de seguridade, que arranxe esta problemática e dea tranquilidade á veciñanza”.

Etiquetas

denunciadrogasnoticias compostelapoliticappradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo