ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP denuncia a falta de iluminación no pavillón do CEIP de Vite

 

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de febrero de 2024 a las 17:22

Compartir

 

 

O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, lamenta as condicións nas que o Conxo Tenis de Mesa ten que disputar os seus partidos de 1ª Nacional e a imaxe que se levan os equipos que veñen de fora a xogar a Santiago.

“Desde logo, manifesta De la Fuente, chama moito a atención que para as cousas que lle convén o Goberno nacionalista actúe rapidamente, pero o deporte ten sempre que esperar, non se sabe moi ben a que, nin por que”.

O Partido Popular de Santiago denuncia as condicións nas que ten que disputar os seus partidos de primeira Nacional o Conxo Tenis de Mesa no Pavillón CEIP de Vite, onde a falta de iluminación adecuada desta instalación ten provocado que o propio club teña que improvisar cun balde, un pao e un foco as condicións mínimas para disputar os partidos.

Como sinala o concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, o club ten reclamado xa en varias ocasións unha simple instalación de luminarias, posto que as existentes son claramente insuficientes pero, de momento, o Goberno do BNG non foi quen de resolver este problema.

“Desde logo, manifesta De la Fuente, chama moito a atención que para as cousas que lle convén o Goberno nacionalista actúe rapidamente, pero o deporte ten sempre que esperar, non se sabe moi ben a que, nin por que”.

O popular recorda que a concellería de Deportes actuou con inusitada dilixencia no pasado mes de outubro, cando non tivo problemas para tramitar unha transferencia de crédito, desviando 100.000 € presupostados para o Deporte para adicalos a propaganda.

“Para iso, non houbo burocracia que impedira sacarlle os cartos ao mundo do deporte, pero para comprar e instalar dúas simples luminarias nun pavillón, cuxo custe debe poder tramitarse mediante un contrato menor, hai atrancos que a concelleira nacionalista non é quen de resolver”, subliñou.

Non hai necesidade ou problema no deporte en Santiago que o Goberno do BNG fora capaz de resolver nos oito meses que leva gobernando, o que deixa ver o escaso interese que ten nesta parcela de xestión.

“Non só non son capaces de iniciar as obras do pavillón de Vite, licitar as obras de Santa Isabel, ou realizar un mínimo mantemento no campo de San Lázaro, senón que nin sequera son que de resolver un simple problema de iluminación nun pavillón”, indicou.

Segundo De la Fuente, o Goberno nacionalista “tiña unha oportunidade magnífica de mostrar o interese que teñen polo deporte en Santiago, cunha aposta forte e decidida nos orzamentos recentemente aprobados por BNG, CA e PSOE, segundo eles, os máis altos da historia, pero a realidade é que non hai nada novo, nada que non estivera xa comprometido ou anunciado”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, remarcou que “remataremos o mandato cos mesmos problemas que temos hoxe; ou moito cambia a actitude do BNG respecto do deporte no ámbito das infraestruturas deportivas, ou estes serán uns anos perdidos”.

Etiquetas

compostelapavillonpolticappradio lider santiagosantiagoVite
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha