ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP de Santiago reclámalle ao BNG que leve a cabo melloras no barrio de Vidán

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de julio de 2024 a las 14:20

Compartir
  • “Esta zona carece, desde hai uns anos, da atención que merece, polo que se fai urxente que o BNG atenda as demandas da súa veciñanza e corrixa o deterioro e abandono que vén sufrindo”, subliñou Adrián Villa.
  • O Partido Popular visitou este barrio e reuniuse con numerosos veciños e veciñas, tentando reunir os problemas que teñen a día de hoxe co compromiso de facer o posible para que os nacionalistas leven a cabo as actuacións pertinentes.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, vén de denunciar as insuficiencias que están a sufrir os veciños do barrio de Vidán, sen que o BNG faga nada para a súa mellora, polo que reclama que, coa maior urxencia posible, se leve a cabo a instalación de mobiliario urbano e se dote de colectores de reciclaxe aos diferentes núcleos desta zona de Santiago.

O popular destacou que os nacionalistas teñen que realizar as xestións necesarias para que se proceda á limpeza de fincas, co fin de previr os xa habituais incendios no Monte Moas de Abaixo; e que, á maior brevidade posible, se actúe na rúa dos Caraveis, para dar acceso a vehículos e peóns garantido a súa seguridade.

“Esta zona carece, desde hai uns anos, da atención que merece, polo que se fai urxente que o BNG atenda as demandas da súa veciñanza e corrixa o deterioro e abandono que vén sufrindo”, subliñou Villa.

O Partido Popular visitou este barrio e reuniuse con numerosos veciños e veciñas, tentando recompilar os problemas que teñen, co compromiso de facer o posible para que o BNG leve a cabo as actuacións pertinentes.

“A día de hoxe, resumiu o popular, a veciñanza solicita mobiliario público, como bancos e papeleiras na rúa de Vidán, concretamente, a carón do lavadoiro e nas inmediacións do parque Vitoria Míguez; e que se mellore a recollida de lixo, posto que, chegado o novo contrato, varios núcleos deste barrio non contan cos diferentes colectores para poder reciclar”.

Dentro dos servizos básicos, tamén reclaman unha revisión do firme das pistas, xa que se atopa moi deteriorado, con numerosas fochancas que están a causar danos nos vehículos e supoñen un perigo para quen transite polas mesmas.

Por outra banda, pasado máis dun ano, a rúa dos Caraveis segue cortada por risco de desprendementos cara a rúa da Ponte Nova de Vidán; un risco que é dobre, posto que raíces e troncos das árbores da finca que dá cara o Camiño Real están no aire e a única solución que se lle ocorreu ao BNG é abrir a rúa ao tráfico nunha soa dirección e con bloques de cemento, “para evitar” que os vehículos se aproximen ao muro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Estamos ante un novo exemplo -salientou Villa- do desleixo do BNG cara a nosa cidade e a falla absoluta de xestión”

Etiquetas

compostelapoliticappsantiagovidam radio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo