ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP de Santiago reclámalle ao BNG que facilite aos veciños pagar as actividades nos CSC

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de septiembre de 2024 a las 22:25

Compartir
  • O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, acusa aos nacionalistas de afondar na brecha tecnolóxica para as persoas maiores e usuarios sen competencias dixitais.
  • Para o popular, “o que esta facendo o BNG é expulsar ás persoas maiores dos Centros Socioculturais, porque moitos non terán forma de acceder persoalmente a esa modalidade de pago; e o que non pode ser é que teñan que buscar algún familiar, amigo ou outorgarlle a alguén un poder de representación”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, denunciou a dificultade que teñen os usuarios dos Centros socioculturais para aboar a matrícula das actividades que desexen practicar, xa que, este ano, por primeira vez, é imprescindible realizar o pagamento a través da sede electrónica do Concello, sen que se teñan arbitrado ou previsto outras posibilidades.

Deste xeito, explicou o popular, “para poder pagar é imprescindible contar co certificado dixital ou acceder mediante o sistema Clave, e é obvio que moitas persoas, sobre todo, os maiores ou os que carecen das competencias dixitais necesarias, non teñen un acceso fácil a ese tipo de ferramenta”.

Neste momento, para matricularse hai que prescribirse, algo que se pode facer de forma telemática ou en persoa nas propias instalacións, unha vez admitido, debe realizarse o pago, e aí está o problema, porque dito trámite só pode facerse en sede electrónica, “polo que, aínda que esteas admitido a participar nun curso, engadiu De la Fuente, se non podes acceder e pagar, o usuario será excluído”.

“Hai máis dun ano, o BNG propoñía mellorar a calidade de vida da veciñanza e situar as persoas no centro das políticas municipais, pero isto só era retórica baleira e falsa, porque os nacionalistas o que esta facendo é fomentar brecha tecnolóxica, sobre todo, entre persoas maiores”, incidiu.

Para o popular, “o que están facendo os nacionalistas é expulsar ás persoas maiores dos Centros Socioculturais, porque moitos non terán forma de acceder persoalmente a esa modalidade de pago; e o que non pode ser é que os usuarios teñan que buscar algún familiar, amigo ou outorgarlle a alguén un poder de representación”.

Así mesmo, aclarou o edil popular, “esta única modalidade de pago incumpre incluso a Ordenanza xeral de xestión recadación que contempla a posibilidade de realizar o pagamento directamente nas entidades colaboradoras de diversos modos”.

De la Fuente aclarou que o que debe facer o Concello, se de verdade quere servir ao cidadán, é emitir e entregar un recibo no momento da matrícula, para que os usuarios poidan dirixirse a unha entidade bancaria e pagar por caixa, como fan o resto de administracións públicas.

“O BNG non está pola labor de facilitar as xestións dos veciños co Concello, non pon á Administración local ao servizo dos cidadáns, máis ben todo o contrario, como non é quen de organizar e axilizar, impón aos cidadáns cargas administrativas inasumibles para moitas persoas”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

noticias compostelapoliticappradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego