ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

O PP de Santiago propón unha rúa para o xornalista radiofónico Luis Rial

 

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de enero de 2024 a las 22:16

Compartir

 

 

Rial, salientou ademais, “chegou a ser o xornalista radiofónico en activo con máis idade con “Estamos contigo”, que tanta compaña nos facía aos composteláns nas longas noites de insomnio”.

Para Constenla, Rial “fíxose acredor de que a súa memoria sexa lembrada e honrada pola nosa cidade

O vicevoceiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, ven de solicitar un recoñecemento especial para o “histórico e ben querido” xornalista Luis Rial, falecido hai uns días.

Para Constenla, Rial “fíxose acredor de que a súa memoria sexa lembrada e honrada pola nosa cidade, e por iso plantexamos que se dea o seu nome a unha rúa e se coloque tamén unha placa conmemorativa na Praza de San Fiz”.

Porque Luis, destacou o edil, “forma parte de esa nómina de personaxe singulares e xornalistas históricos que viviron ou traballaron na nosa cidade, á que se mantivo ligado de por vida desde o seu nacemento”. E é que, “quen no escoitou algunha vez a voz de Rial a través da ondas? Que non sintonizou algunha noite de desvelos o seu programa nocturno “Estamos contigo”?”, sinalaba Constenla. Porque Rial, salientou ademais, “chegou a ser o xornalista radiofónico en activo con máis idade con “Estamos contigo”, que tanta compaña nos facía aos composteláns nas longas noites de insomnio”.

ASÍ ERA LUIS RIAL

Da súa longa biografía cabe destacar que, tras máis de 50 anos de xornalismo, Luis Rial traballou en distintas cadeas, como a Ser (Radio Galicia, nos anos 60), Radio Cadena Española, Radio Nacional de España, Radio Galega, desde a súa inauguración, e Radio Obradoiro ata a súa cancelación. Especializouse en programas nocturnos de longa
duración. Recorreu Galicia dando a coñecer as súas festas e romerías tradicionais e pronunciando máis de medio centenar de pregóns. Ademais, a súa voz chegou máis alá de Galicia con programas dirixidos á emigración, como Volta Galega a España e Volta Galega a Europa, recorrendo os centros galegos existentes. Polifacético, tamén promoveu e dirixiu o programa radiofónico Festa do Amor, a través do que casaron numerosas parellas de mozos.

Membro do Colexio de Xornalistas de Galicia e da Federación de Profesionales de Radio y Televisión de España. Entre os premios e distincións recibidos destacan o Premio de Xornalismo de Galicia (1988), Premio á Galeguidade (1987), Premio de Periodismo de Fexdega (1989), Premio Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico (1999) y Medalla de Bronce de Galicia (2003).

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Desde 1991 a súa figura tamén quedou ligada ao negocio hostaleiro en Compostela ao fundar nese ano o pub La Radio, na rúa das Ameas, xunto á Praza de San Fiz. Un local no que se conservaba a primeira radio pola que o no xornalista escoitou a súa voz a través das ondas: unha Philips do ano 1950.

Etiquetas

luis rialppsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»
Comarca

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans