ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP de Santiago propón a posta en marcha dun programa de muralización para a cidade

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de junio de 2024 a las 14:28

Compartir
  • José Antonio Constenla explica que “esta iniciativa podería financiarse a través de programas de desenvolvemento urbano, como os Fondos EDUSI; e contribuiría a converter Santiago nun epicentro de artes plásticas e de creación, que apostase pola cultura como motor económico e social”
  • Para os populares, “é importante camiñar cara o establecemento permanente dunha Ruta de Murais e dun Museo Virtual de Muralismo Contemporáneo”

O vicevoceiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, vén de propoñer a posta en marcha dun programa de muralización para a cidade, co fin de organizar esta expresión de arte urbana, que desempeña un papel fundamental no embelecemento e mellora dos espazos públicos.

Constenla explica que “esta iniciativa podería financiarse a través de programas de desenvolvemento urbano, como os Fondos EDUSI; e contribuiría a converter Santiago nun epicentro de artes plásticas e de creación, que apostase pola cultura como motor económico e social”.

“Hai que camiñar cara o establecemento permanente dunha Ruta de Murais e dun Museo Virtual de Muralismo Contemporáneo, así a través destas rutas, os afeccionados a este tipo de arte urbano terían a opción de descubrir os barrios nos que se ubican, mentres que o Museo abriría á xente e aos visitantes, a través de códigos QR instalados nas obras, un espazo web, onde se reproduzan imaxes dos mesmos con información dos seus autores e a testemuña gráfica do proceso artístico.

“Estas obras de arte, os murais, non só decoran as paredes dos edificios, senón que tamén infunden vida nos espazos públicos, creando un ambiente máis atractivo e agradable para residentes e visitantes, ademais de que, cada vez, gañan máis en popularidade como forma de expresión artística contemporánea”, explicou.

Para o edil popular, “estas intervencións artísticas melloran a estética dos barrios e revitalizan áreas abandonadas ou degradadas, converténdoas en destinos turísticos e puntos de referenza”.

José Antonio Constenla remarca que “outra importancia dos murais é a súa capacidade para brindar visibilidade a artistas emerxentes, xa que, nas galerías tradicionais resulta difícil expoñer o seu traballo, así, os espazos onde interveñen, grandes paredes, supoñen un escaparate directo a un público máis amplo e diverso”.

As intervencións artísticas en espazos públicos poden ser interactivas, o que invita aos espectadores a participar ou reflexionar sobre a mensaxe transmitida; e “crea, explicou. sentido de comunidade e permite aos artistas establecer un diálogo directo coa súa audiencia”.

Estes proxectos artísticos esténdense, cada vez máis, polas cidades de España e Europa, tal e como se demostra en Santiago en zonas como Ponte Pedriña e Romero Donallo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Estas intervencións son tamén un aliciente turístico e valen para recuperar lugares, actualmente, sen uso para o desfrute da cidadanía, un bo exemplo disto atópase en  cidades como Ferrol, que organiza un festival con estas accións creativas; e Lugo, gañadora dun certame internacional cun destes traballos.

Etiquetas

compostelamuralizaciónppsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»
Comarca

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»