ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

O PP de Santiago insta ao goberno do BNG a reactivar o programa Banco de Tempo

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de noviembre de 2023 a las 17:50

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero

Compartir
  • Esta iniciativa busca revalorizar o uso do tempo como medio para mellorar a calidade de vida das persoas, cun intercambio de servizos sen transacción económica, polo que a moeda de cambio só son as horas.
  • O Banco de Tempo destaca como ferramenta de crecemento e desenvolvemento comunitario e ten como obxectivo atopar alternativas que faciliten a vida diaria das persoas, ao tempo que promove valores como a solidariedade, a corresponsabilidade ou a cooperación, entre outros.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, pediu hoxe ao Goberno do BNG a reactivación do programa Banco de Tempo, unha iniciativa que busca revalorizar o uso do tempo como medio para mellorar a calidade de vida das persoas, cun intercambiode servizos sen transacción económica, polo que a moeda de cambio só son as horas.

Para Otero Balsa, “o Goberno nacionalista ten que dar resposta ás novas formas de organización que están a xurdir na sociedade actual, facilitar os medios necesarios para que as persoas dispoñan dos apoios precisos para o seu benestar no seu entorno social e impulsar, deste xeito, a vida comunitaria”.

Para o funcionamento deste sistema de axuda, a persoa interesada deposita un número de horas neste Banco, ofertando uns determinados servizos ou actividades e, a cambio, percibe outro número de horas naqueles servizos ou actividades, entre os que ofertan o resto de persoas inscritas no programa, que sexan do seu interese.

O Banco de Tempo destaca como ferramenta de crecemento e desenvolvemento comunitario, que ten como obxectivo atopar alternativas que faciliten a vida diaria das persoas, ao tempo que promove valores como a solidariedade, a corresponsabilidade, a cooperación, a participación, o apoio mutuo entre iguais e a mellora das relacións sociais, entre outros.

O Banco de tempo reflicte a posibilidade de aumentar o apoio mutuo e colaborativo da comunidade, solventando entre os seus membros algunhas das súas necesidades. O que intercambian as persoas é o seu tempo para resolver cuestións da súa vida cotiá aproveitando os seus coñecementos, habilidades ou simplemente a súa disposición persoal.

“Esta iniciativa permite a creación de relacións sociais e vínculos entre as persoas, rompendo o illamento e a soidade, creando un novo espazo para compartir, achegar ás persoas e favorecer o apoio mutuo e colaborativo”, sinalou a edil popular.

Así mesmo, Yolanda Otero subliña a importancia deste tipo de iniciativas na sociedade actual, con especial fincapé nas persoas maiores, tendo en conta o seu valor engadido como ferramenta contra a soidade non desexada, que afecta, sobre todo, a este colectivo.

“Grazas a adquisición e xeración de novos recursos, por si mesma, a comunidade toma conciencia da idea de que existen máis ferramentas á marxe das económicas”, explica a popular.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

En definitiva, Otero Banda remarca que “o Banco de tempo é un instrumento de cohesión social e xerador dunha relación social comunitaria vertebradora de redes de coñecemento e apoio mutuo e colaborativo entre as persoas”.

Etiquetas

banco de tempopartido popularpoliticasantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo