ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Política

O PP de Santiago insta ao BNG a reactivar a Casa das Mulleres Xohana Torres

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de noviembre de 2023 a las 15:53

Compartir
  • A Casa das Mulleres Xohana Torres estableceuse como punto de referencia para promover a igualdade de xénero e potenciar servizos que deben considerarse esenciais nunha cidade como a capital de Galicia.
  • Borja Rubio subliñou que “estamos ante unha situación reiterada con outros proxectos en Santiago e agora, vemos, unha vez máis, como unha instalación municipal que funcionou, está sumida no esquecemento, é dicir, moi lonxe de potenciar o seu uso, o Goberno do BNG a condena ao olvido”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Borja Rubio, pediu hoxe ao Goberno do BNG que restableza o servizo de coordinación e funcionamento da Casa das Mulleres Xohana Torres en Compostela, servizo cuxo contrato finalizou hai máis dun ano, quedando practicamente sen xestión un espazo imprescindible na cidade.

En palabras de Borja Rubio, "desde hai máis dun ano, a Casa Xohana Torres non conta cun servizo de coordinación e funcionamento que garanta que esta institución poida levar a cabo as súas actividades de xeito efectivo, ademais de cumprir coa súa misión de empoderar ás mulleres, contribuíndo a eliminar as desigualdades de xénero no municipio, así como promover o asociacionismo, nun claro apoio a estes movementos”.

Como destaca o edil popular, mentres estivo en funcionamento, este servizo axudou a ter unha programación estable no local, o que facilitaba que se cumprisen os obxectivos para os que foi posta en marcha..

Rubio remarcou que “estamos ante unha situación reiterada con outros proxectos na nosa cidade e agora, podemos ver, unha vez máis, como unha instalación municipal que funcionou, está sumida no esquecemento, é dicir, moi lonxe de potenciar o seu uso, o Goberno nacionalista a condena ao olvido”.

A Casa Xohana Torres é un piar fundamental para crear cidade, para dar voz a quen o precisa, dotando de accións formativas ou instalacións a colectivos de Compostela, polo que “entendemos que é moi importante a súa posta en marcha, co fin de promover unha igualdade de xénero e crear unha cidade inclusiva", salientou Rubio.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Así o edil popular requeriu ao Goberno do BNG que “inicie o proceso para a licitación do servizo de coordinación da Casa Xohana Torres, adquirindo un compromiso coa igualdade de xénero e a súa determinación, para contribuír a que Compostela sexa máis igualitaria e libre de violencia de xénero”.

Etiquetas

politicasantiagoXohana Torres
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo