ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP de Santiago denuncia o abandono do goberno nacionalista ao lugar de Corexo (Marrozos)

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de septiembre de 2025 a las 15:00

Compartir
  • Nerea Barcia lamenta que “o goberno local non se moleste nin en respostar ás demandas da veciñanza, que leva agardando desde novembro de 2023, unhas queixas que teñen presentado a través da Liña Verde; con chamadas que seguen sen contestación; ou con peticións de reunións que quedan agochadas”.
  • “A esta situación de desatención -subliñou a edil popular- súmase, agora, a problemática coa volta á escola, xa que varias familias poderían verse gravemente afectadas se os nacionalistas non actúan de inmediato na poda das árbores e na limpeza da estrada”.   

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, vén de manter unha reunión cos veciños do lugar de Corexo na parroquia de Marrozos, que denuncian o total estado de abandono ao que o goberno nacionalista os ten condenados, unha situación que pon en risco mesmo o transporte escolar.

Barcia lamenta que “o goberno local non se moleste nin en respostar ás demandas da veciñanza, que leva agardando desde novembro de 2023, unhas queixas que teñen presentado a través da Liña Verde; con chamadas que seguen sen contestación; ou con peticións de reunións que quedan agochadas”.

“A esta situación de desatención -subliñou a edil popular- súmase, agora, a problemática coa volta á escola, xa que varias familias poderían verse gravemente afectadas se os nacionalistas non actúan de inmediato na poda das árbores e na limpeza da estrada”.

Nerea Barcia remarcou que “a propia empresa de transporte escolar advertiu que, de continuar así, o autobús non poderá circular por esa estrada, o que significaría deixar sen servizo a tres paradas de bus, xa que as ramas das árbores rozan cos cables da luz e reducen a visibilidade, polo que non só dificultan o paso do transporte escolar, senón que tamén supoñen un risco para a seguridade viaria”.

“Deste xeito, -subliñou a popular-, dende o Partido Popular denunciamos este desleixo continuado e reclamámoslle ao goberno local que escoite, dunha vez, á veciñanza de Corexo, que actúe con responsabilidade e adopte, de maneira inmediata, as medidas necesarias para garantir tanto a seguridade, como o servizo público do transporte escolar”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

corexodenunciamarrozospartido popularpoliticaSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo