ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP de Santiago carga contra o BNG por non actuar ante o aumento da delincuencia

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de agosto de 2024 a las 15:14

Compartir
  • De la Fuente indica que “os nacionalistas están a negar a evidencia e se resisten a pór en marcha as medidas que o Partido Popular xa leva tempo poñendo sobre a mesa, como: incremento de efectivos de policía; mellorar a iluminación na cidade; e poñer as cámaras de videovixilancia a gravar”.

O concelleiro do Partido Popular, José Ramón de la Fuente, destacou que “son horas de que o BNG asuma, dunha vez, a súa responsabilidade e abandone a política de autocomplacencia e autobombo e se poña no lugar da veciñanza, que está a padecer un incremento de criminalidade como nunca antes tivera sufrido Santiago”.

O popular indica que, “os nacionalistas están a negar a evidencia e se resisten a pór en marcha as medidas que o Partido Popular xa leva tempo poñendo sobre a mesa, como: incremento de efectivos de policía; mellorar a iluminación na cidade; e poñer as cámaras de videovixilancia a gravar, pero o BNG non parece ter intención de facelas efectivas”.

A total falta de resposta dos nacionalistas ante esta anómala situación está a provocar que sexan os propios veciños os que estean tomando medidas colectivas de autoprotección. Por exemplo, a veciñanza de Pontepedriña, como antes fixo a de Fontiñas, está a colgar anuncios nas zona comúns dos edificios, co fin de alertar da proliferación de entradas nas casas para roubar.

O importante incremento dos delitos vencellados ao tráfico de drogas en toda a cidade, levou, tamén, aos veciños de Santa Marta e Choupana a lanzar unha sinal de auxilio ante o incremento exponencial destes problemas no barrio. Reclamaban atención, presenza policial na rúa e contundencia para atallar un problema que, simplemente, se lle estaba escapando das mans aos nacionalista.

Segundo os datos dos que dispoñemos, a día de hoxe, entre o primeiro trimestre de 2023 e o de 2024, o incremento da criminalidade é de case un 8%, e se nos referimos aos os delitos vencellados ao tráfico de drogas a realidade é aínda máis preocupante, xa que as cifras que aporta o Ministerio de Interior, din que estes medraron, desde o ano 2019, máis dun 500%.

“Ante isto, explica o edil popular, a cidade demanda, con razón, unha maior presenza policial nas rúas, unha medida imprescindible para rebaixar esa delincuencia,; presenza que non é posible acometer co número existente de efectivos de Policía local e Nacional”.

De la Fuente remarca que “temos unha carencia de 36 efectivos de policial local, 21 de policía nacional e 51 de policía autonómica, polo que faltan 108 axentes das Forzas e Corpos de Seguridade na cidade; o número de efectivos está actualmente moi por debaixo das ratios mínimas recomendables por habitante, sobre todo, para unha cidade que é a capital de Galicia”.

“Levamos tempo, insiste o popular, denunciando a evidente falta de persoal de seguridade e esixindo ao BNG unha actuación inequívoca na reclamación ao Goberno do Estado, tanto polo incremento de persoal, como pola elevación de rango da Comisaría de Santiago, cuestión que xa foi obxecto de debate e acordo no Pleno sen que, a día de hoxe, teñamos constancia nin coñecemento de ningún tipo de xestión neste sentido”.

Para De la Fuente, “non é de recibo que os veciños teñan que autoxestionarse para facer fronte a este importante incremento da criminalidade. Estamos ante un servizo público esencial, a seguridade cidadá, que os nacionalistas non se están tomando en serio, teñen na súa man a adopción de medidas que non quere tomar, por puro prexuízo ideolóxico.

Cabe lembrar que o Partido Popular de Santiago reclamoulle ao BNG, en varias ocasións, que puxera a funcionar as cámaras de seguridade instaladas na cidade que, na actualidade, non gravan ou, simplemente, non funcionan, e, mentres, os nacionalistas dan como resposta que non compensa economicamente.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Se nos tiveran feito caso, indica De la Fuente, a estas alturas, os xuíces xa poderían contar coas gravacións, que poderían axudar a resolver os atentados ao noso patrimonio, que estamos a padecer”.

Etiquetas

composteladelincuenciapoliticaradio lider santiagosantiagoseguridade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego