ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP de Santiago aposta pola creación dun censo municipal de locais comerciais baleiros

 

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de marzo de 2024 a las 19:46

Compartir

 

 

  • O obxectivo xeral deste censo non é só abordar a problemática dos establecementos sen actividade, senón que tamén busca contribuír á vitalidade e seguridade das zonas comerciais.
  • Olaya Otero sinala que “na cidade estase a xerar unha `desertificación comercial´ na que, a duras penas, sobreviven espazos afectados por unha desocupación crónica prolongada e os nacionalistas non parecen ter nas súas prioridades buscar solucións que arranxen esta situación”.

O Partido Popular de Santiago, a través da súa concelleira Olaya Otero, afirmou que apostan pola creación dun censo municipal de locais comerciais baleiros. Por iso, salientou, “levamos a Pleno unha proposta que se aprobou por unanimidade hai 3 meses pero a día de hoxe nada se sabe sobre a nosa iniciativa”.

“A nosa proposta susténtase na necesidade de proporcionar información detallada e actualizada sobre o estado dos locais dispoñibles, as súas características e as actividades para as que están acondicionados”, indicou Otero Sanjurjo.

A popular remarca que “este censo pretende ser unha ferramenta que proporcione aos empresarios e autónomos, que queiran desenvolver a súa actividade en Santiago, unha maneira sinxela de atopar o local mais axeitado”. Así mesmo, incluiríase información sobre negocios que, sendo economicamente viables, están próximos ao peche por xubilación e así fomentar a remuda xeracional, evitando o cese da actividade e un novo local sen uso”.

Esta ferramenta pretende non só abordar a problemática dos establecementos sen actividade senón tamén, contribuír á vitalidade e seguridade das zonas comerciais.

Desde hai anos, o comercio compostelán afronta desafíos como os cambios nos hábitos de consumo, as compras en liña ou situacións como a xerada pola pandemia da Covid-19, situacións que, en moitos casos, supuxo o peche de negocios, o que afecta negativamente á vitalidade económica de zonas que antes eran o epicentro da actividade comercial da cidade.
Olaya Otero sinala que “na cidade estase a xerar unha desertificación comercial´ na que, a duras penas, sobreviven espazos afectados por unha desocupación crónica prolongada e os nacionalistas non parecen ter nas súas prioridades buscar solucións que arranxen esta situación”.

Así mesmo, remarca a popular, “o conxunto de locais comerciais baleiros e, non poucas veces, con aspecto descoidado, provoca un impacto negativo que dá a sensación de inseguridade para veciñanza e visitantes”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A popular reiterou que “agardamos que o BNG comece a traballar e a pór en marcha as iniciativas aprobadas no Pleno, posto que, de non ser así, o órgano máis importante do Concello, seguiría a ser un ente baleiro de contido, como nos teñen acostumados os anteriores gobernos de esquerdas”.

Etiquetas

baixos comerciaiscompostelapoliticappradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego