ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

EducaciónSociedad

O Pino convoca o concurso de postais de Nadal para escolares do municipio

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de noviembre de 2023 a las 13:29

Nenos de 5º de Infantil (aula de 4 anos), gañadorores da categoría Infantil

Compartir
  • Repartirá premios en libros e material escolar aos mellores traballos en cinco categorías establecidas por idades
  • O prazo de presentación dos debuxos remata o luns 4 de decembro

O Pino, 17-11-2023.- O Concello do Pino convoca a vixésimo primeira edición do seu tradicional concurso de postais de Nadal, no que poderán participar todos os escolares do municipio que cursen educación infantil, primaria e secundaria. Teñen de prazo ata o luns 4 de decembro para presentar as súas propostas.

O concurso de postais de Nadal, que ten como obxectivo fomentar as artes plásticas e difundir as tradicións do Pino, convida ao alumnado do municipio a facer unha composición centrada na celebración destas festas. Poderán utilizar calquera técnica cos únicos requisitos de que sexan orixinais e inéditos, teñen un tamaño máximo Din-A4 e leven a inscrición “O Pino. Bo Nadal e feliz 2024”.

Establécense un total de cinco categorías, divididas por idades: educación infantil, centrarase conta cun total de cinco categorías: educación infantil, 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria, 5º e 6º de primaria e educación secundaria.

Os traballos, que poden facerse tanto individualmente como en grupo, poderán presentarse ata o luns 4 de decembro. Para a presentación, cada alumno/a ou grupo fará figurar na súa postal un número que lle asignara o seu titor, así como o curso e a idade do/s participantes. Este debuxo gardarase nun sobre pechado que levará o mesmo número asignado e que se acompañará, nun segundo sobre, do formulario Anexo I debidamente cuberto. Finalmente, serán os propios centros escolares -CPI Camiño de Santiago e Escola Unitaria de Gonzar- os que se encarguen de presentalos no Rexistro Xeral do Concello do Pino.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os gañadores do concurso daranse a coñecer a partir do 11 de decembro e os premios, que se entregarán o día da cabalgata de Reis, consistirán en lotes de libros e material escolar.

Etiquetas

concursoeducacionnadalo pimopostais
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada
Destacado

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada