ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y Cultura

O Pino abre as inscrición das actividades culturais para adultos e menores

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de noviembre de 2023 a las 18:45

Curso de informática para persoas maiores no que unha decena de persoas adquiriron as ferramentas básicas para manexarse no uso do ordenador e do teléfono móbil

Compartir
  • Medra a oferta de talleres e cursos nas parroquias para fomentar a participación de toda a veciñanza
  • Os participantes poderán achegarse á arte floral, ás conservas, aos xabóns ou á cerámica
  • Mantéñense os obradoiros de Memoria e de Risoterapia nos locais sociais, así como Bolillos e Corte e Confección na Casa da Cultura
  • Os menores poderán asistir a Aula Aberta e a Música é movemento

O Pino. 21-11-2023.- O Concello do Pino abre a inscrición para as actividades de lecer e culturais que desenvolverán durante os meses de outono e inverno e que están dirixidas tanto a menores como a persoas adultas. Moitas das actividades faranse polas distintas parroquias, sempre e cando conten cun número mínimo de participantes para formar grupo. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 981 511 065. Os formularios de inscrición poderán descargarse nos arquivos adxuntos.Coa fin de achegar as propostas o maior número de persoas e, en especial, as de máis idade, os locais sociais acollerán un bo número de cursos e obradoiros. Con prazas limitadas, formarase grupo en todas aquelas parroquias que conten cun número mínimo de persoas inscritas e os horarios delimitaranse en función das súas preferencias.Os talleres desenvolveranse dúas horas á semana e poderase elixir entre Arte Floral (24 euros), Conservas (25€), Xabóns (25 euros) ou Manualidades (20€). Ademais, ofértanse obradoiros de Foundant (20€) para aprender a decorar tartas e galletas, de Fimo e Epoxy (20€) ou de Pasta Porcelna (20€), no que as persoas asistentes poderán iniciarse no mundo da cerámica e da porcelana para aplicala ao deseño de pequenos obxectos ou xoias.

Así mesmo, repítense dúas actividades que ano tras ano gozan de grande aceptación como son a de Memoria (18 euros) e a de Risoterapia (15 euros), que contribúen a fomentar as habilidades cognitivas e sociais ou reducir o estrés para impulsar un envellecemento activo.

Por outro lado, as parroquias acollerán tamén a proposta É-Punto, unha iniciativa destinada a toda a veciñanza maior de 6 anos que ten como obxectivo recuperar oficios e labores de antano como calceta ou gancho. Esta actividade desenvolverase de 17.00 a 19.00 horas e ten un custo de 15 euros.

Xa na Casa da Cultura, en Arca, desenvolveranse os cursos de Bolillos e Corte e confección, ámbolos para maiores de 6 anos. O curso de bolillos ten un custo de 35 euros e desenvolverase os mércores de 16.30 a 18.30 horas, mentres que o de costura ofrece horario tanto de mañá como de tarde en tres quendas: martes de 10.30 a 12.30 horas, xoves de 16.30 a 18.30 horas e xoves de 19.00 a 21.00 horas. O prezó é de 25 euros.

As persoas interesadas poderán así mesmo poñerse ao día coas novas tecnoloxías nos cursos de informática, nos que poderán aprender a realizar os trámites administrativos máis habituais como pedir citas médicas, solicitar o permiso para unha queima, así como facer un documento ou enviar un correo. Estes cursos poderanse facer de mañá (de 10.30 a 12.00 horas) ou de tarde (de 16.30 a 18.00 horas), segundo lles veña mellor ás persoas usuarias. O prezo é de 24 euros.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

En canto á programación dirixida en exclusiva a nenas e nenos, hai que dicir que comprende as actividades de Aula Aberta e de Música é movemento, que se desenvolverán na Casa da Cultura. A primeira delas, Aula Aberta, é un espazo pensado para realizar actividades variadas como contacontos ou manualidades e terá lugar os xoves de 17.00 a 19.00 horas. O custo é de 5 euros. Música é movemento, pola súa banda, permítelle á cativada educar o ritmo a través do baile moderno. Ten un custo de 12 euros por dúas horas semanais.

Etiquetas

culturao pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino