ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Pico Sacro acolle este domingo a Cerimonia do Lume Sagrado

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de junio de 2025 a las 11:57

Compartir
  • As persoas que desexen unirse ao séquito da Asociación Cultural O Castro da Fervenza poden solicitar un traxe no Departamento de Turismo de Boqueixón antes do venres

Boqueixón, 18 de xuño de 2025.- O Pico Sacro de Boqueixón acollerá un ano máis a Cerimonia do Lume Sagrado, paralizada durante a pandemia e que se recuperou o ano pasado. Así, este domingo 22 de xuño, ás 13:00 horas, o monte ilicino acollerá unha celebración celta encabezada pola raíña Alda e o seu séquito, que recuperará de forma simbólica a tradición dos nosos devanceiros na festa do solsticio de verán a través da obtención do lume sagrado directamente do Sol.

O acto contará coa colaboración da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada) e coa actuación do grupo de música tradicional Son de Gaita, de Sergude. Ademais, todas as persoas que desexen participar activamente na cerimonia poden solicitar os traxes de época inscribíndose antes do venres 20 de xuño no Departamento de Turismo de Boqueixón, en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.

A celebración da cerimonia está condicionada á meteoroloxía. De feito, tras o parón provocado pola pandemia, esta tradición non puido celebrarse ata o 2024 debido a coincidir con fortes choivas. Ademais, todas as persoas que queiran recoller o lume sagrado para prender as súas fogueiras da noite de San Xoán, poderán levar unha candea ou un farol ao Pico Sacro para recoller o lume sagrado.

Etiquetas

boqueixonlume sagradopico sacro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.