ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de abril de 2026 a las 13:15

Compartir
  • Os planos xa están expostos no local social de Lamas e poderán consultarse a partir do luns 13 de abril

Boqueixón, 10 de abril de 2026.- Máis de 200 veciños e veciñas de Boqueixón ateigaron o centro social de Lamas para asistiren a unha reunión informativa sobre o procedemento de investigación da propiedade na parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo. Un paso adiante neste proceso de reestruturación parcelaria que está a reorganizar unha superficie de 1.957 hectáreas, divididas en 10.460 parcelas propiedade de 1.195 veciños e veciñas.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, agradeceu a gran participación veciñal: “reunir a máis de 200 veciños e veciñas nunha mesma sala é unha mostra enorme da vosa implicación e do compromiso co futuro das nosas terras. Grazas por participar, por preguntar e por construír comunidade”. Neste sentido, Rodeiro fixo fincapé na importancia deste proceso, no que a Xunta inviste máis de 5,8 millóns de euros, xa que “suporá reorganizar mellor o territorio e mellorar as condicións técnicas e económicas das explotacións que hai na zona, co conseguinte beneficio para os veciños e veciñas”. Un proceso de concentración solicitada no seu día pola propia veciñanza e que contou dende o primeiro momento co apoio do Concello de Boqueixón.

Resolución de dúbidas

Durante a reunión informativa, os técnicos explicáronlles aos veciños que agora dáse un paso adiante no procedemento co inicio dos traballos de investigación da propiedade, lembrando que aquelas parcelas que non sexan declaradas durante este período de investigación da propiedade serán consideradas como parcelas “de persoa descoñecida”.

Así mesmo, déronlles conta da documentación obrigatoria que deben preparar neste procedemento: datos persoais e DNI (propio e do cónxuxe ou herdeiros, enderezo, código postal do domicilio e teléfono), escrituras públicas completas (orixinais) e autorización para terceiros, se vén outra persoa (que pode ser feito a man). As bases documentais están dispoñibles na canle de Whats’App creada co inicio da parcelaria e a través da web da Consellería do Medio Rural.

Exposición dos planos

Os planos parcelarios xa están expostos no centro social de Lamas e poderán consultarse a partir do luns 13 de abril. De cara a axilizar o proceso, recoméndase identificar ben as parcelas no plano (anotando a lapis na escritura o número de polígono e parcela correspondente), así como actualizar os títulos (ben por vendas, ben por herdanzas), lembrando que unha vez adxudicadas as fincas novas, haberá restricións.

Ademais, para evitar masificacións á hora da recollida da documentación, recoméndase acudir ao centro social de Lamas por parroquias e en horario de luns a xoves (de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30) e os venres (de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:00 horas). A veciñanza está chamada a acudir do 13 a 24 de abril (Lamas), do 27 de abril a 8 de maio (Vigo), do 11 ao 27 de maio (Loureda) e do 28 de maio ao 12 de xuño (Sergude). A maiores, haberá un prazo extra do 15 ao 19 de xuño para calquera outra cuestión.

Parcelaria

Este proceso de reestruturación parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo prevé reorganizar unha superficie de 1.957 hectáreas divididas en 10.460 parcelas, propiedade de 1.195 veciños e veciñas. Un proceso que mellorará a estrutura territorial da zona e beneficiará ás 136 explotacións agropecuarias existentes.

O uso do solo forestal é maioritario nesta zona, onde o 97,82% está ocupada por terreos forestais, pastos arbustivos e terras arables. Nestes casos, a futura redistribución de cultivos permitirá un mellor aproveitamento dos predios de substitución, pensando máis na mellora dos accesos e na forma dos predios que nun cambio do propio cultivo. Ademais, con esta reestruturación aproveitaranse os abandonos e matogueiras, que poderán integrarse na superficie agraria útil das explotacións. Isto repercutirá positivamente nos seus propietarios, que poderán aumentar a carga gandeira e o nivel competitivo das súas explotacións.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

boqueixonparcelariaReunion
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego
Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias
Comarca

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias

Boqueixón licita por máis de 60.000 euros a mellora da senda dos pescadores do Ulla
Comarca

Boqueixón licita por máis de 60.000 euros a mellora da senda dos pescadores do Ulla