ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O outono chega a Ames con moito Apego

Música de diferentes estilos, xogos, contos, teatro, baile, xogo libre, obradoiros, maxia, cine, arrolos, creatividade, imaxinación, natureza… O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de septiembre de 2025 a las 19:38

Compartir

O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso. Pódese consultar o programa completo e a información detallada sobre cada unha das actividades premendo nesta ligazón

O alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, dixo “este ano como novidade imos a incluír na programación dúas actividades para conmemorar o Ano Castelao e volven a estar actividades xa consolidadas do departamento de Cultura como os festivais de maxia e de cinema infantil. O principal obxectivo é seguir potenciando e axudando a que a nosa lingua se siga falando”

Ames, 2 de setembro de 2025.- Música de diferentes estilos, xogos, contos, teatro, baile, xogo libre, obradoiros, maxia, cine, arrolos, creatividade, imaxinación, natureza… O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso. Pódese consultar o programa completo e a información detallada sobre cada unha das actividades premendo nesta ligazón.

O Concello de Ames presentou esta mañá as propostas que compoñen a programación infantil con Apego de Ames para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025. Dita programación, que está organizada polos departamentos municipais de Normalización Lingüística, Cultura e Bibliotecas, inclúe música de diferentes estilos, xogos, contos, teatro, baile, xogo libre, obradoiros, maxia, cine, arrolos, creatividade, imaxinación, natureza, etc.

Para o mes de setembro hai programadas cinco propostas, en outubro realizaranse outras cinco actividades, en novembro haberá catro propostas, e pecharase a programación en decembro con outras dúas actividades. En total, programaranse 16 actividades entre as que están incluídas os festivais de maxia e de Cinema Miúdo, que dependen do departamento de Cultura. Ademais, nesta programación tamén están incluídas 18 sesións de contacontos nas bibliotecas municipais durante os meses de outubro, novembro e decembro.

Na presentación de dita programación participaron o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, o persoal do Servizo de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras e Lucía Ferro, e maila animadora á lectura do departamento de Bibliotecas municipais, Divina Fernández. Nesta programación colaboran varios departamentos municipais na procura dun obxectivo: estimular o coñecemento e o apego pola lingua.

O alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, dixo “trátase dunha programación moi completa e variada coma sempre. Este ano como novidade imos a incluír na programación dúas actividades para conmemorar o Ano Castelao e volven a estar actividades xa consolidadas do departamento de Cultura como os festivais de maxia e de cinema infantil. Esta programación é importante para animar ás familias a participar no programa Apego e para que outras familias que pronto van ter un rapaz ou rapaza se poidan inscribir e participen. O principal obxectivo é seguir potenciando e axudando a que a nosa lingua se siga falando”.

A técnica do Servizo de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras, explicou que “é unha programación variada e diversificada entre as dúas principais localidades do concello como son Milladoiro e Bertamiráns. Tamén é unha programación colaborativa xa que está organizada por tres departamentos municipais. O obxectivo é achegar recursos e propostas creativas para as familias, para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e creativa e con moito apego polo noso. Haberá unha proposta ampla, chea de experiencias novas e de aprendizaxes para as familias. Neste caso a programación inclúe dúas propostas relacionadas coa celebración do Ano Castelao para achegar a figura de Castelao ás familias”.

A animadora á lectura do departamento de Bibliotecas municipais, Divina Fernández, explicou que “no mes de outubro volven as sesións de contos que se fan mensualmente cunha temática diferente. Cada mes hai tres sesións de contacontos en cada biblioteca os martes, mércores e xoves. Para participar é necesario apuntarse unha semana antes de que se fagan ditas sesións. Ademais, este ano para o mes de setembro temos preparadas unhas sesións de contos. O martes 23 teremos a Caxoto na biblioteca de Bertamiráns con contos e música, e o día seguinte, o mércores 24 de setembro estará Cristina Collazo na biblioteca do Milladoiro cun espectáculo de contos e teatro”.

Actividades para as crianzas dende setembro ata decembro

Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comeza o venres, 12 de setembro, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, co espectáculo “Para cantar e bailar”, de Luís Prego e Samuel Soto.

Trátase dun programa de actividades que está pensado para a ampla variedade de familias que se achegan ao proxecto Apego na procura de actividades, recursos e outras propostas creativas e divertidas que faciliten a socialización en galego das crianzas.

Artistas e creadores de contido como Cé Orquestra Pantasma, Miudiño, Luís Prego, Samuel Soto, Cris Collazo, Caxoto, Marc Taeger, Marta Ortiz, A Banda dos Insectos, Alma Blanco, Ángeles Goás, As da Pontragha, Arkhé espazo educativo, Soledad Felloza, Anxo Moure e a Banda da Montaña encherán os próximos meses de risas, apego, emocións, contos, diversión, teatro, música, poesía, cantos, baile, cinema, arrolos, maxia, aventuras, xogos, obradoiros en familia e moitas moitas aprendizaxes e experiencias novas.

Ano Castelao

Entre a grande variedade de propostas coas que conta esta programación, terán presenza os xa habituais festivais de maxia e de cinema que organiza o departamento de Cultura do Concello de Ames e que en breve presentarán o seu programa específico. Ademais, neste ano Castelao, contarase con dúas actividades para achegar a súa figura ao público familiar.

En setembro, o día 19, representarase na Casa da Cultura do Milladoiro a obra de teatro Castelao de Culturactiva protagonizada por Cristina Collazo, e o 28 de novembro Soledad Felloza traerá ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o seu Alfabeto Castelao, unha sesión chea de historias, emocións e contos que nos introducirán no universo dunha das figuras intelectuais máis importantes de Galicia.

Actividades de animación á lectura

Do mesmo xeito, no outono volven tamén as actividades de animación á lectura, en forma de contos para a rapazada amesá de 3 a 8 anos, e que se desenvolverán nas bibliotecas do Milladoiro e de Bertamiráns durante os meses de outubro, novembro e decembro, sempre ás 17:30 horas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

No mes de outubro a temática dos contos será Quen se esconde nestes contos?; en novembro a temática será Unha risa de contos; mentres que en decembro será Un Nadal de contos. Para participar nas sesións de contacontos é necesario inscribirse previamente.

Etiquetas

amesculturaoutono
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación