ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportesDestacado

O Monbus Obradoiro supera ao Inveready Gipuzkoa e consigue a súa segunda vitoria a domicilio

O equipo dirixido por Gonzalo Rodríguez chegaba á sexta xornada de liga despois de vencer ao UEMC Real Valladolid fóra da casa. Pola súa parte, o Inveready Gipuzkoa afrontaba o partido tras gañar os seus tres últimos enfrontamentos. Ambos equipos querían conseguir a vitoria para alongar así a súa boa racha, pero só un podía logralo.

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de noviembre de 2024 a las 09:57

Compartir

Antes de comezar o partido, o Amenabar Arena púxose en pé e gardou silencio en recordo das vítimas que deixou a Dana esta semana en diferentes puntos da xeografía española.

O Monbus Obradoiro saíu de inicio con Brad Davison, Millán Jiménez, Sergi Quintela, Micovic e Oliver Stevic coa intención de comezar gañando o partido. O balón lanzouse ao aire e comezou o primeiro cuarto. A primeira posesión foi para os visitantes, que, por medio de Oliver Stevic, comezaron poñéndose por diante no marcador. Brad Davison anotou o seguinte punto desde a liña de tiros libres (0-3). Sturup recortou distancias para os locais situándose debaixo do aro. Os primeiros minutos en San Sebastián foron de moita igualdade.

A metade do primeiro cuarto os galegos ían un punto por riba no marcador. Ambos equipos turnábanse a posesión do balón e sumaban canastras, pero a distancia mantívose durante o resto do cuarto, sen que o Inveready Gipuzkoa lograse alcanzar ao Monbus Obradoiro (19-22).

O segundo cuarto comezou co equipo dirixido por Mikel Odriozola puntuando primeiro e recortando distancias, aínda que os de Santiago de Compostela respondían de igual xeito. Pasados os trece minutos de xogo, o equipo local conseguía empatar cos galegos (26-26) e pouco despois situábase un punto por diante no marcador. A metade do cuarto, a igualdade reinaba entre ambos conxuntos.

Co paso dos segundos, o partido mudou de tendencia, agora eran os galegos os que remaban contra a corrente en cada xogada para evitar que o rival se distanciase. Cando os vascos anotaban, o Monbus Obradoiro respondía devolvendo a igualdade ao marcador. A dous minutos do descanso, o Inveready Gipuzkoa logrou coller aire e puxéronse seis puntos por riba (41-35).

Os últimos instantes do segundo cuarto foron favorables aos visitantes, que conseguiron reducir as diferenzas e chegar ao ecuador do partido cun resultado de 44-40.

A segunda metade do encontro comezaba con posesión para os galegos, que conseguiron, con dúas canastras, empatar e superar ao seu rival no marcador. Aos 22 minutos de xogo, o Monbus Obradoiro foi o primeiro en alcanzar a media centena de puntos (49-50). Ambos equipos alternaban a vitoria provisional sen que ningún puidese acadar unha distancia significativa.

A metade do terceiro cuarto chegou ao Amenabar Arena co Inveready Gipuzkoa dous puntos por riba dos galegos (52-50). A igualdade no partido era palpable nunha bancada que animaba e fervía en apoio aos seus. Ambos conxuntos continuaban alternando o control do marcador.

Non foi ata pasado o minuto sete do cuarto cando o Monbus Obradoiro conseguiu distanciarse a nove puntos do seu rival mediante bos ataques que atopaban ocos na defensa vasca (54-63). Antes de rematar o cuarto, os guipuscoanos recortaron distancias cos galegos, pero sen chegar a igualalos (61-65).

Comezou o último cuarto co Inveready Gipuzkoa recortando distancias no marcador e situándose só a un punto. Os galegos resistían a ser superados. A pouco máis de catro minutos para o final, todo estaba por decidir, co Monbus Obradoiro por riba e os de Donostia tentando atrapalos.

Un bo empuxe ofensivo do Monbus Obradoiro nos últimos momentos do encontro fíxolles coller distancias respecto ao seu rival e chegar ao último minuto cun resultado de 72-82. O equipo visitante logrou aguantar os últimos segundos de partido e levar a vitoria a Santiago de Compostela, acadando unha serie de dúas vitorias consecutivas en dous partidos a domicilio (77-86).

Ficha técnica

77 – Inveready Gipuzkoa: Xavier Johnson (5), Isaac Mayo (0), Josip Vrankić (19), Aitor Zubizarreta (12), Mateo Díaz (15), Mads Bonde Stürup (5), Manex Ansorregui (2), Javier Nicolau (0), Ander Martínez (8), Jacub Mokran (0), Simeon Lepichev (8), Pape Bocar (3).

86 – Monbus Obradoiro: Brad Davison (13), Victory Onuetu (0), Tomeu Rigo (5), Álex Galán (11), Strahinja Mićović (9), Millán Jiménez (12), Nacho Varela (10), Sergi Quintela (4), Pablo Harguindey (0), Jake Stephens (10), Oliver Stević (12), Toms Leimanis (0).

 

Cuartos: 19-22, 44-40, 61-65, 77-86.

Árbitros: Carlos Javier García León, Asier Quintas Álvarez, Joan Fanes Marginet.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Incidencias: Partido correspondente á sexta xornada de Primeira FEB disputado no Amenabar Arena de San Sebastián o 2 de novembro de 2024.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.