Non foi ata pasado o minuto sete do cuarto cando o Monbus Obradoiro conseguiu distanciarse a nove puntos do seu rival mediante bos ataques que atopaban ocos na defensa vasca (54-63). Antes de rematar o cuarto, os guipuscoanos recortaron distancias cos galegos, pero sen chegar a igualalos (61-65).
Comezou o último cuarto co Inveready Gipuzkoa recortando distancias no marcador e situándose só a un punto. Os galegos resistían a ser superados. A pouco máis de catro minutos para o final, todo estaba por decidir, co Monbus Obradoiro por riba e os de Donostia tentando atrapalos.
Un bo empuxe ofensivo do Monbus Obradoiro nos últimos momentos do encontro fíxolles coller distancias respecto ao seu rival e chegar ao último minuto cun resultado de 72-82. O equipo visitante logrou aguantar os últimos segundos de partido e levar a vitoria a Santiago de Compostela, acadando unha serie de dúas vitorias consecutivas en dous partidos a domicilio (77-86).
Ficha técnica
77 – Inveready Gipuzkoa: Xavier Johnson (5), Isaac Mayo (0), Josip Vrankić (19), Aitor Zubizarreta (12), Mateo Díaz (15), Mads Bonde Stürup (5), Manex Ansorregui (2), Javier Nicolau (0), Ander Martínez (8), Jacub Mokran (0), Simeon Lepichev (8), Pape Bocar (3).
86 – Monbus Obradoiro: Brad Davison (13), Victory Onuetu (0), Tomeu Rigo (5), Álex Galán (11), Strahinja Mićović (9), Millán Jiménez (12), Nacho Varela (10), Sergi Quintela (4), Pablo Harguindey (0), Jake Stephens (10), Oliver Stević (12), Toms Leimanis (0).
Cuartos: 19-22, 44-40, 61-65, 77-86.
Árbitros: Carlos Javier García León, Asier Quintas Álvarez, Joan Fanes Marginet.