ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoPolítica

O Grupo Socialista reúnese coa nova asociación veciñal de Conxo

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de diciembre de 2023 a las 14:46

Compartir
  • Marcan como prioridade a seguridade peonil nunha zona cunha carencia importante de beirarrúas e mala iluminación pública: “para o primeiro reclamaremos que haxa unha planificación de actuacións e o segundo abordarase xa co novo contrato de iluminación que adxudicamos desde o goberno socialista”

Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2023.- O Grupo Socialista vén de reunirse coa recentemente creada Asociación de Veciños Volta do Castro – O Rial, de Conxo. Unha xuntanza, que cualifican desde ambas partes como “frutifera” e na que se fixo balance da situación do barrio, con carencias en materia de seguridade peonil: “explicáronnos que hai problemas coa iluminación pública, que confiamos en que quen resoltos co novo contrato de alumeado que adxudicamos no pasado mandato, e que se está a despregar agora; e tamén hai unha carencia de beirarrúas en algúns tramos” explica o portavoz dos socialistas.

Gonzalo Muíños insiste en que é necesario que exista unha planificación para as actuacións pendentes neste barrio, conscientes de que “evidentemente todo non se pode abordar dun día para outro”. Así, pídelle ao goberno local que estableza prioridades de actuación, idenPficando a rúa da Volta do Castro ou Poza Real de Abaixo como zonas onde se debería actuar para mellorar a seguridade peonil. Tamén na rúa Ponte da Rocha, onde as beirarrúas actuais están nun estado “dificilmente transitable”.

En todo caso, Muíños recalca que hai actuacións de baixo custe e que se poden acometer de inmediato, como a instalación de elementos para reducir a velocidade dos vehículos en Rial de Conxo, “algo que, como nos comprometemos, falaremos co concelleiro responsable para que se aborde canto antes”.

Falta de mantemento e problemas co saneamento

No encontro, no que participou o presidente da asociación, Cédric Denolf e a concelleira Mila Castro, tamén se abordaron diferentes problemas de mantemento, como na rúa Virxe do Rial ou na rúa da Decoita: “trátase de actuacións de limpeza e desbroce que, insistiremos, para que se acometan de inmediato” explicou Castro tralo encontro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tamén na zona están a ter problemas co saneamento, posto que ao non existir separación entre pluviais e fecais, e ante a falta de desnivel da rúa, a canalización atáscase e produce inundacións frecuentes nas casas da zona. Un problema que, comparte Castro, é urxente solucionar e lembra que co contrato da auga, bloqueado polos tres grupos de oposición durante o mandato socialista, xa recollía actuacións necesarias como a mellora desas canalizacións para evitar estes asolagamentos: “agora a señora Sanmartín, que participou tamén no bloqueo dese contrato que sempre dixemos, era urxente, terá que ofrecer unha solución a un problema que xa podería estar en vías de solucionarse”.

Etiquetas

politicapsoesantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo