ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Política

O Grupo Socialista reúnese co Foro Cívico para valorar o estado dos asuntos clave de Santiago

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de diciembre de 2023 a las 19:38

Compartir
  • Lamentan que, no tema do auga, a alcaldesa opte por “escudarse nos estudos” e reclámanlle que poña en marcha o modelo “que abalan os informes e que aplica o BNG alí onde goberna”.
  • Muíños puxo en valor que o PSOE levará a pleno unha declaración institucional para darlle carta oficial aos acordos subscritos por todas as forzas políticas.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023. O Grupo Socialista reuniuse este mércores co Foro Cívico para valorar o estado dos acordos subscritos por todas as forzas políticas antes das eleccións municipais. Uns acordos nos que, recordan, se incluía o desbloqueo do contrato da auga, logo de que no pasado mandato a oposición bloqueara a licitación dun novo contrato.

Este foi un dos temas principais do encontro no que o portavoz dos socialistas insistiu en que se trata dunha cuestión fundamental na nosa cidade, non só para renovar unha rede de abastecemento antiga, senón tamén para ampliala a zonas dos barrios e do rural. Neste sentido, Gonzalo Muíños lamentou que a alcaldesa opte por “escudarse nos estudos”. Unha actitude que, afirma Muíños, “seméllase bastante á que mantivo o Partido Popular de Alfonso Rueda co tema do aparcadoiro do CHUS e que sempre recibiu críticas polos nacionalistas”.

“Agora di a alcaldesa que vai pedir un estudo sobre cal é o modelo polo que debe optar o Concello, cando a realidade é que ese estudo xa está e o que di é o que todos sabemos: a rede de abastecemento de Santiago está moi envellecida e precisa dunha renovación; que hai que acometer inversións millonarias para dotar o rural e os nosos barrios de saneamento e abastecemento; que hai que renovar o depósito de auga da Almáciga” afirmou Muíños, recalcando ademais que “o Concello non ten fondos propios para acometer esas inversións, por iso precisamos dunha empresa que as adiante”. Acusando á alcaldesa de “querer enredar” e “no mellor dos casos, repe

Mobilidade no entorno do Hospital Clínico

Outro dos temas que mereceron máis atención foi o da mobilidade na contorna do CHUS, onde os socialistas reafirmáronse na súa proposta dun aparcadoiro de superficie ao carón do CiMUS para a que, xa o executivo de Sánchez Bugallo, aprobara a cesión dunha parcela de titularidade municipal á Xunta valorada en 6,5 millóns de euros.

Neste sentido, expuxeron os socialistas que, ademais disto, o Concello de Santiago comprometérase a expropiar os terreos para a construción da glorieta na confluencia de Volta do Castro coa Travesa da Choupana, cun valor de taxación de 262 mil euros, que se suman á exención da taxa de licenza e á bonificación do 95% do ICIO, estimada en case dous millóns de euros: “en total desde as arcas municipais a aportación sería de máis de 8,5 millóns de euros, máis que xenerosa e solidaria”.

Recorda Muíños que o CHUS da servizo a 450 mil persoas de 49 concellos diferentes, algúns de fóra da provincia, sendo 8 de cada 10 pacientes que acuden ao Clínico, de fóra de Santiago: “a aportación do Concello de Santigo debera limitarse á proporción de usuarios que son da nosa cidade”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os socialistas defenderon ante os representantes das diferentes entidades que compoñen o Foro Cívico a súa proposta para ordenar a mobilidade no entorno do Clínico, que pasa por mellorar a rotación das prazas actuais e instar á Xunta a ofrecer unha solución de transporte colectivo para o persoal do SERGAS. Ademais, insisten en que é necesario pensar a longo prazo, polo que propoñen iniciar os trámites para a delimitación dos polígonos 9 e 10, para habilitar 50.000 metros cadrados máis ao carón da parcela do centro hospitalario, prevendo futuras ampliacións.

Etiquetas

fondo civicopoliticapsoesantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo