ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

O GES de Padrón colabora na búsqueda de desaparecidos en Valencia

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de noviembre de 2024 a las 21:31

Compartir
  • O operativo está composto por dous xefes de equipo e tres bombeiros así como vehículos e material específico
  • A axuda responde ao chamamento realizado pola Federación Española de Municipio e Provincias (FEMP) para mobilizar recursos
  • O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, achegáronse esta mañá á base do GES en Pazos para despedir aos efectivos e mostrarlles o seu apoio antes da partida
  • A estancia en Valencia prolongarase ata o luns 11 de novembro

Padrón. 4-11-2024.- O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón enviará medios e persoal especializado a Valencia para colaborar nas tarefas de busca e rescate das persoas afectadas polo desastre causado pola DANA. Este apoio comezará hoxe luns 4 de novembro e prolongarase ata o luns 11 de novembro, período no que cinco efectivos do GES de Padrón estarán desprazados na zona devastada. Esta axuda responde ao chamamento realizado pola Federación Española de Municipio e Provincias (FEMP) para mobilizar recursos.

O operativo está composto por dous xefes de equipo e tres bombeiros, que traballarán co obxectivo de colaborar coas autoridades locais na procura das persoas desaparecidas e na protección das zonas afectadas. O grupo está encabezado por Pablo Muñiz Touceda e David Morandeira Vázquez, que contarán con persoal capacitado en labores de rescate e apoio en emerxencias.

Para estas tarefas, o GES de Padrón contará cun Furgón de Salvamentos Varios (FSV), un Vehículo de Intervención Rápida (VIR), un remolque con material de achique e xeradores e unha balsa raft. Ademais envíanse equipos de achique, rescate e iluminación como motobombas e electrobombas con capacidade de achique de ata 7.200 litros por minuto, equipos de iluminación, catro xeradores eléctricos e equipamento de rescate acuático, de iluminación, de excarceración e rescate en altura.

O envío inclúe así mesmo diverso material de estabilización e detección, de limpeza e descontaminación.

Esta mañá, o alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, achegáronse á base do GES en Pazos para despedir aos efectivos e mostrarlles o seu apoio antes da partida.

Campaña de recollida

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por outra banda, o Concello de Padrón lembra que mantén activa a campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade para apoiar ás persoas afectadas pola DANA, especialmente na Comunitat Valenciana. Este punto de recollida está situado no Salón de Sesións do Concello de Padrón e estará operativo hoxe luns día 4 e mañá martes  día 5 en  horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

Etiquetas

danapadronvalencia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’