ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

O GES de Brión inicia unha poda de seguridade na Carballeira de Santa Minia

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de mayo de 2024 a las 20:08

Compartir
  • Guiados por técnicos especializados, os traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal comezaron esta mañá a podar as copas e ramas máis altas para evitar futuras caídas

7 de maio de 2024.- O Concello de Brión puxo e marcha esta mañá as accións acordadas tras a caída de parte dun dos carballos da emblemática Carballeira de Santa Minia o pasado mércores. Tal e como se decidira na reunión cos técnicos encargados do proceso de repoboación da carballeira, hoxe procedeuse á revisión física das árbores e iniciouse unha poda de seguridade.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, explica que “os traballadores do GES de Brión, baixo as indicacións dos técnicos responsables, están a realizar unha poda das copas e das ramas máis elevadas para fortalecer as árbores e evitar novas caídas”. Uns traballos para os que o GES brionés está a empregar o camión autoescada comprada polo Concello no verán de 2021, que está especialmente preparado para actuacións en altura e é equiparable aos vehículos existentes en calquera parque de bombeiros. A parte principal da poda realizarase na xornada de hoxe e rematarase durante esta semana, de acordo coa dispoñibilidade tanto dos traballadores do GES de Brión como do camión autoescada.

Toma de mostras

Posteriormente, os técnicos procederán á toma de mostras dos carballos de Santa Minia, que serán enviadas a un laboratorio especializado que se encargará de determinar o seu estado sanitario. Estas mostras mandaranse en quendas de 10 en 10. Trátase dun traballo laborioso xa que de cada carballo teñen que tomarse tres mostras: da raíz, da terra e das ramas. Así, cada quenda supón a toma dun total de trinta mostras.

Unha vez enviadas as mostras ao laboratorio, os resultados das análises tardarán en coñecerse un par de meses. Nese momento, o Concello de Brión poderá ter unha visión real e actual do estado sanitario das árbores para así tomar a mellor decisión sobre como proceder con elas.

De momento, o Concello procedeu ao peche temporal da Carballeira de Santa Minia, habilitando camiños seguros ás instalacións municipais que rodean a carballeira (biblioteca, Casa da Cultura, Aula CeMIT…) para que a veciñanza poida acceder a elas con normalidade e sen ningún tipo de risco. Este peche manterase mentres non rematen todos os traballos e se poida garantir a seguridade das persoas.

Por esa razón, o Concello de Brión procedeu a cambiar de lugar todas as actividades inicialmente previstas na carballeira, como a Andaina Torres de Altamira, que reunirá este sábado a preto de 800 persoas. Unha proba que tiña saída e chegada na Carballeira e que agora se trasladou á praza contigua á carballeira, ao pé da rúa Gondar.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Estas análises buscan confirmar ou negar a presenza de Armillaria Mellea nas árbores, unha enfermidade para a que non hai cura posible e que provoca a putrefacción do sistema radicular do carballo e, en consecuencia, a súa morte por inanición ao non poder absorber nin a auga nin os nutrintes do chan. Este fungo xa ocasionou a retirada dunha ducia de carballos e do terreo da zona sur da carballeira, que foi substituído por nova terra e novos exemplares de carballo de 3 metros de alto.

Etiquetas

brioncarballeiraradio lider santiagosanta minia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol