ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

O Foro Local da Auga visibiliza en Santiago o potencial dos recursos hídricos alternativos

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de junio de 2025 a las 22:12

Compartir
  • A iniciativa, organizada por Cetaqua Galicia e Viaqua, celebrouse con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente e propón un espazo de diálogo para avanzar cara a unha xestión hídrica máis resiliente

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025 — Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, Viaqua e Cetaqua Galicia organizaron, coa colaboración co Concello de Santiago, o Foro Local da Auga, unha iniciativa que busca achegar á cidadanía o coñecemento e a importancia dos Recursos Hídricos Alternativos (RHA), promovendo a súa aceptación social e impulsando unha nova cultura da auga baseada na reutilización, a eficiencia e a economía circular.

Este foro, iniciativa impulsada polas Nacións Unidas e replicado en máis de 50 forma parte do proxecto europeo AWARD, financiado polo programa Horizonte Europa, que desenvolve ferramentas de avaliación e apoio á toma de decisións arredor da reutilización da auga. Durante o Foro, expuxéronse os principais avances tecnolóxicos e normativos neste ámbito e realizáronse dinámicas participativas que permitiron recoller percepcións, inquedanzas e propostas de mellora das persoas asistentes.

Tamén se presentaron as solucións baseadas na natureza, centrándose na que utiliza o proxecto AWARD para tratar as augas de escorrentía, como é un humidal artificial ubicado no polígono industrial da Sionlla, que axudará a protexer ao río Sar de verteduras de hidrocarburos, plásticos e outros contaminantes urbanos.

O Foro reuniu representantes da administración, do ámbito académico, do sector empresarial e do sector da auga, co propósito de debater sobre os retos e oportunidades que ofrece a reutilización da auga como vía para facer fronte á escaseza hídrica e avanzar cara a unha xestión máis resiliente e circular. Para iso, levouse a cabo unha dinámica de indagación e imaxinación que se basea na identificación e mapeo colectivo dos recursos hídricos alternativos.

A sesión foi inaugurada polo concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras, Xesús Domínguez, quen destacou “como a colaboración entre diferentes entidades pode xerar oportunidades únicas, onde a innovación e a colaboración cidadá son fundamentais para construír unha cidade sustentable e resiliente”.

“Este Foro Local da Auga representa unha oportunidade clave para implicar o tecido social e empresarial nos debates sobre a sustentabilidade hídrica, e constitúe a primeira acción dunha liña de actividades futuras que seguirán esta vía participativa”, destacaron desde Cetaqua Galicia.

Pola súa banda, Nicolás Esmorís, director executivo de Viaqua, sinalou a “importancia de dialogar coa veciñanza, empresas e administracións para  construír un novo modelo de xestión hídrica, máis circular, eficiente e conectado coas necesidades da cidadanía.”

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Con esta acción, Cetaqua Galicia e Viaqua reafirman o seu compromiso coa concienciación social, a gobernanza participativa e a xestión innovadora do ciclo da auga, posicionando a Santiago como referente na aplicación de solucións sostibles no ámbito hídrico.

Etiquetas

foro da augaviaqua
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Viaqua pasa a chamarse Veolia: cambio de marca para reforzar a aposta ambiental e tecnolóxica en Galicia
Actualidad

Viaqua pasa a chamarse Veolia: cambio de marca para reforzar a aposta ambiental e tecnolóxica en Galicia

Viaqua ahora es Veolia
Actualidad

Viaqua ahora es Veolia

Viaqua alerta: “O cambio climático xa está aquí, e Galicia non está preparada”
Actualidad

Viaqua alerta: “O cambio climático xa está aquí, e Galicia non está preparada”

CIGAT Circular: tres anos de innovación que sitúan a Galicia na vangarda da descarbonización
Actualidad

CIGAT Circular: tres anos de innovación que sitúan a Galicia na vangarda da descarbonización