ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

O F.C. Meigas enfrontase ao Pescados Rubén Burela na Copa Galicia

O alcalde, Blas García, dixo “quero amosar a miña satisfacción persoal e a do Concello por poder contar cun partido desta categoría en Ames. Sen dúbida Pecados Rubén Burela é unha referencia a nivel mundial dentro do fútbol sala feminino. Imos a enfrontarnos ao Burela en partido de Copa Galicia e agora a aspiración ten que ser poder enfrontarnos en partido de Liga”

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de octubre de 2024 a las 12:05

binary comment

Compartir

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, indicou “agardo que o pavillón de Bertamiráns estea cheo para gozar deste espectáculo deportivo. Todos e todas imos estar apoiando ás rapazas do Meigas. Oxalá desfruten deste partido porque é un premio para elas despois das boas temporadas que levan facendo nos últimos anos”

A presidenta do FC Meigas, Paola Vignolo, explicou “poder disputar este partido en Bertamiráns contra un dos mellores equipos de fútbol sala feminino do panorama internacional é un orgullo, porque é algo que conseguimos grazas á clasificación que obtivemos na pasada temporada 2023-2024, na nosa primeira temporada na segunda división”

Ames, 30 de setembro de 2024.- O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación do partido de cuartos de final da XVIII Copa Galicia de fútbol sala feminino, que vai enfrontar ao F.C. Meigas co Pescado Rubén Burela. Dito encontro disputarase este mércores, 2 de outubro, ás 21.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. O F.C. Meigas clasificouse para os cuartos de final despois de gañarlle na fase previa ao C.D. Mosteiro de Bembrive. As entradas para poder ver o partido poderanse mercar na billeteira do pavillón dende unha hora antes do inicio do partido.

O pavillón municipal de Bertamiráns acollerá este mércores, 2 de outubro, unha cita histórica para o Fútbol Club Meigas. Trátase do partido de cuartos de final da XVIII Copa Galicia de fútbol sala feminino, que vai enfrontar ao equipo amesán co Pescado Rubén Burela. O F.C. Meigas clasificouse para os cuartos de final despois de gañarlle na fase previa ao C.D. Mosteiro de Bembrive, mentres que o Pescado Rubén Burela comeza a competición directamente na fase de cuartos de final.

Na XVIII Copa Galicia de fútbol sala feminino participan 12 equipos: 5 de Primeira Iberdrola de fútbol sala, 6 de segunda feminina FS, e 1 equipo de Preferente. Na fase previa participaron o Amarelle FSF; Fisober FSF; Marín Futsal; Cidade As Burgas; Vilalba FS; Valdetires FS; FC Meigas; e CD Mosteiro Bembrive. Agora, na fase de cuartos de final incorpóranse á competición o Poio FS; Ourense CF SAD; FSF Castro; e Burela FS.

Cómpre lembrar que o Fútbol Club Meigas xogará esta tempada por segunda vez consecutiva na súa historia na segunda división do fútbol sala feminino nacional. O Pescados Rubén Burela feminino conseguiu na temporada 2023 – 2024 o campionato de Liga e maila Supercopa de España disputada en Torremolinos. Nas últimas cinco temporadas o Burela gañou catro títulos de Liga.

Presentación do partido

Na presentación de dito partido participaron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Deportes, Susana Señorís; a presidenta do FC Meigas, Paola Vignolo; o adestrador do FC Meigas, Diego Montero; e maila representante da entidade patrocinadora Joma,  María José Mato.

Por parte do Concello de Ames, o alcalde, Blas García, dixo “quero amosar a miña satisfacción persoal e a do Concello por poder contar cun partido desta categoría en Ames. Sen dúbida Pecados Rubén Burela é unha referencia a nivel mundial dentro do fútbol sala feminino. Imos a enfrontarnos ao Burela en partido de Copa Galicia e agora a aspiración ten que ser poder enfrontarnos en partido de Liga. Dende o Concello gústanos defender o deporte, e especialmente o deporte feminino, e o Meigas é un exemplo de bo facer e do deporte feminino. Nós estaremos ao lado do Meigas para axudarlles no que poidamos. O deporte é a base para facer unha sociedade mellor”.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explicou “estamos encantadas de poder acoller este partido en Ames, porque vai ser un partido de moito nivel entre dous equipos que militan na primeira e segunda división do fútbol sala nacional. Agardo que o pavillón de Bertamiráns estea cheo para gozar deste espectáculo deportivo. Todos e todas imos estar apoiando ás rapazas do Meigas. Oxalá desfruten deste partido porque é un premio para elas despois das boas temporadas que levan facendo nos últimos anos”.

A presidenta do FC Meigas, Paola Vignolo, dixo “é unha honra estar aquí para presentar o partido que imos disputar co Burela na segunda fase da Copa Galicia, que se vai xogar este mércores 2 de outubro no pavillón de Bertamiráns. Poder disputar este partido en Bertamiráns contra un dos mellores equipos de fútbol sala feminino do panorama internacional é un orgullo, porque é algo que conseguimos grazas á clasificación que obtivemos na pasada temporada 2023-2024, na nosa primeira temporada na segunda división. Estamos tratando de organizar en Ames partidos de primeiro nivel de fútbol sala como que organizamos entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela. Este aínda é máis importante porque o disputa o Meigas”.

O adestrador do FC Meigas, Diego Montero, destacou que “é un orgullo poder traer a Ames o considerado nas últimas temporadas como o mellor equipo do mundo, O Burela. Tamén quero agradecerlle as facilidades dadas polo Burela para poder poñer o parido o mércores e poder dispor dun día máis de descanso para nós, porque xogamos onte en Alcorcón. Cremos que é importante traer fútbol sala de elite a Ames como ese partido que     se disputou a comezos de setembro entre dous equipos de primeira división masculina como son o Noia e mailo Burela. Este é un paso máis. Ames quere e gústalle o futsal e nós encantados de dar un paso máis e facer un bo partido e intentar estar na seguinte fase da Copa Galicia”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por outra banda, María José Mato, representante da entidade patrocinadora Joma dixo “estamos encantados de acompañar ao Meigas nesta nova temporada. Animar a todos os veciños e veciñas que poidan a asistir a ver este partido, porque é unha oportunidade de ver a xogadoras que o están facendo moi ben no fútbol sala feminino”.

Etiquetas

amescopa galiciadeportes
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación