ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O escritor Fran Fernández Davila gaña o XXXV Premio Literario Camilo José Cela de narrativa

• O Concello de Padrón distingue ‘A lingua dos ósos’ entre as 168 obras presentadas
• O xurado destacou a complexidade temática, o estilo depurado e a forza dunha voz literaria que combina crudeza, lirismo e mirada universal
• O autor, inmensamente agradecido, dedica o relato ás súas vivencias profesionais en Serbia

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de diciembre de 2025 a las 14:41

Compartir

Padrón. 10-12-2025.- O escritor Fran Fernández Davila resultou gañador do XXXV Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, convocado polo Concello de Padrón, coa obra titulada A lingua dos ósos. O xurado destacou “a complexidade temática do relativo, o estilo pulido e a combinación dunha voz que combina a crudeza dunha realidade afastada pero universal, con acenos líricos ben acaídos e que reflicten o cambio de paradigma do momento que vivimos a nivel socio-político”.

O fallo fíxose público este martes 9 de decembro no salón de plenos da Casa Consistorial, nunha sesión presidida polo alcalde e responsable da área de Cultura, Anxo Arca. O xurado estivo formado por Carlos Arias, escritor e gañador da XI edición do certame; Beatriz Vázquez, licenciada en Filoloxía Inglesa; Esteban Folgar, profesor de Lingua e Literatura; Covadonga Rodríguez del Corral, coordinadora de actividades culturais da Fundación Pública Galega Camilo José Cela; e Inés Mosquera, mestra de Educación Primaria. Como secretaria actuou Mª Cruz Taboada, funcionaria do Concello de Padrón.

Nesta XXXV edición presentáronse 168 relatos, avaliados de acordo coas bases do concurso. Tras as deliberacións, procedeuse á apertura do sobre identificativo correspondente ao traballo número 105, que resultou ser da autoría de Fran Fernández Davila, con enderezo en Panxón, Nigrán.

O Concello de Padrón felicita o autor pola calidade da obra galardoada e agradece a alta participación nun certame plenamente consolidado, que rende homenaxe ao legado literario de Camilo José Cela e á súa estreita vinculación co municipio. O galardón está dotado con 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa.

“Inmensamente feliz e agradecido”

Tras coñecer o fallo, o gañador asegurou sentirse “inmensamente feliz e agradecido” por recibir o XXXV Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa. “É un verdadeiro honor inscribir o meu nome na historia dun certame tan prestixioso. Quero dar as grazas, en primeiro lugar, ao Concello de Padrón polo seu compromiso inquebrantable coa cultura e por manter vivo este premio ano tras ano. Do mesmo xeito, agradezo sinceramente aos membros do xurado a súa lectura atenta e a súa valoración do meu traballo”, afirmou.

O autor, vigués de nacemento e enxeñeiro industrial de profesión, pero cunha sólida e premiada traxectoria literaria, explicou que A lingua dos ósos ten “un significado dobre e moi especial”. “Este relato nace directamente dunha experiencia vital persoal, xa que compartín moitas horas do meu traballo con compañeiros e compañeiros serbios. Foi un período que acaba de rematar e que me marcou profundamente e me fixo collerlle un cariño inmenso a esa terra e á súa xente. Por iso sentín a necesidade de escribir sobre a súa realidade, con menos diferenzas e moitas máis similitudes das que nos poida parecer nun principio”, detallou.

Fernández Davila, que suma máis de corenta galardóns en narrativa e poesía, destacou que este premio supón “un impulso marabilloso para seguir escribindo sobre eses lugares de encontro” descubertos ao longo da súa vida profesional fóra de Galicia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

LiteraturapadronXXXV Premio Literario Camilo José Cela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’