ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Entroido de Padrón amplía os premios para as grandes comparsas

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de enero de 2026 a las 20:33

Compartir
  • O certame, que repartirá máis de 6.400 euros en premios directos, celebrarase o sábado 21 de febreiro
  • O primeiro premio para comparsas de máis de 20 membros aumenta ata os 1.400 euros para atraer ao mellor talento e creatividade da comarca
  • O prazo para inscribirse remata o xoves 19 de febreiro ás 14.00 horas

Padrón. 19-01-2026.- O Concello de Padrón organiza unha nova edición do Concurso e Desfile de Entroido, que se celebrará o sábado 21 de febreiro, consolidándose como unha das citas festivas máis participativas e agardadas do calendario municipal. O certame contará cunha dotación económica global superior aos 6.400 euros en premios directos, distribuídos en seis modalidades, co obxectivo de fomentar a participación, a creatividade e a posta en valor do Entroido como expresión cultural e festiva.

A principal novidade desta edición reside na dotación económica para as comparsas e grupos de máis de 20 integrantes. O primeiro premio ascende este ano aos 1.400 euros (fronte aos 1.200 do ano anterior), o segundo galardón será de 900 euros e o terceiro de 700 euros.

En total, o Concello estableceu seis modalidades de participación, cunha dotación económica que recoñece tanto a creatividade individual como o traballo colectivo: infantil individual (0 a 14 anos), con premios de 90, 60 e 30 euros; adulto individual (maiores de 14 anos), con premios de 120, 90 e 60 euros; parella, con galardóns de 150, 120 e 90 euros; comparsa ou grupo de ata 20 membros, con premios de 600, 400 e 300 euros; comparsa ou grupo de máis de 20 membros, coa maior contía do certame, dotada con 1.400, 900 e 700 euros; e comparsa ou grupo local de máis de 10 membros, con premios de 600, 400 e 300 euros.

Ademais, establécense gratificacións non acumulativas co obxectivo de fomentar a participación colectiva e local. As comparsas ou grupos de máis de 40 membros percibirán unha achega de 250 euros; as comparsas locais de máis de 10 integrantes, sempre que o 60 % dos seus membros estean empadroados en Padrón, recibirán 100 euros; e as asociacións e centros educativos do municipio que participen como comparsa ou grupo contarán cunha gratificación de 200 euros.

Prazo de inscrición e xurado

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 19 de febreiro ás 14.00 horas, podendo realizarse de forma presencial nas oficinas do Centro Social do Concello de Padrón ou a través do correo electrónico cultura@padron.gal, sendo imprescindible a confirmación de recepción por parte da Concellería de Festexos.

O xurado estará presidido pola concelleira de Festexos, Chus Campos, e integrado por un mínimo de catro e un máximo de seis vogais, ademais dunha persoa da Concellería de Cultura que actuará como secretaria con voz pero sen voto. Entre os criterios de valoración teranse en conta a orixinalidade, creatividade, imaxinación e posta en escena durante o percorrido do desfile.

Percorrido e normativa

As persoas participantes deberán estar ás 15.30 horas na N-550, á altura da Pensión Restaurante Bar Grilo, para a entrega e colocación dos dorsais. O desfile percorrerá a avenida de Compostela, a zona das Lágrimas, a rúa Porta Fondo de Vila e finalizará no Campo do Souto.

O Concello lembra que non se permitirá o consumo de alcohol ou drogas durante o desfile nin a participación baixo os seus efectos, e resérvase o dereito de descualificación en caso de incumprimento das bases ou de comportamentos contrarios á igualdade, ao civismo ou ao respecto.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Toda a información detallada e as follas de inscrición están dispoñibles na web do Concello de Padrón.

Etiquetas

entroidopadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’