ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Santiago condecorará a sete destacadas personalidades

 

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de abril de 2024 a las 14:59

Santiago declara hijo predilecto a título póstumo al doctor Ramón Baltar

Compartir

 

 

O Concello de Santiago recoñecerá coas súas distincións máis altas sete persoeiros o vindeiro 11 de abril

01/04/2024.- O Teatro Principal acollerá o xoves 11 de abril o acto de recoñecemento e entrega das principais honras e condecoracións do Concello: as medallas de Ouro da cidade e os títulos de fillo/as predilectos/as ou adoptivos/as. Recaerán en sete persoeiros cuxas traxectorais vitais e profesonais destacaron pola defensa de Compostela en distintos ámbitos. Hoxe, a alcaldesa de Santiago quixo salientar a do médico Ramón Baltar.

O Pleno municipal aprobou por unimidade o 10 de maio 2023 a declaración institucional para nomear o doutor Ramón Baltar Domínguez fillo predilecto da cidade a título póstumo. «Médico e director hospitalario da nosa cidade, a declaración destaca tanto a súa altura técnica e científica como cirurxián, que atraía pacientes desde distintos lugares do estado» como «a súa insistencia na defensa do carácter humanitario da Medicina», lembrou a rexedora.

A declaración refírese a Ramón Baltar como «un exemplo de militancia cívica, comprometido coa loita pola democracia nos momentos máis difíciles e acollendo e protexendo a vítimas da ditadura» e recoñece o seu labor como «protector de artistas» e a súa participación en «proxectos de reconstrución da cultura galega na posguerra, como a recuperación da casa de Rosalía de Castro e o Padroado Rosalía de Castro, do que foi conselleiro». Tamén foi historiador da Escola Médica santiaguesa e publicou varios ensaios sobre a historia dos hospitais da cidade e traballos científicos de cirurxía.

Goretti Sanmartín definiu este recoñecemento como «un acto de xustiza a unha persoa comprometida e moi ligada á historia desta cidade».

Medallas de Ouro

O Pleno do 29 de febreiro de 2024 deu o visto e prace á proposta presentada polo Consello Asesor de Condecoracións para distinguir, por unanimidade, o outorgamento das Medallas de Ouro da cidade a Tareixa Navaza González e a Luís Pasín Liñares; así como ao nomeamento como Fillos predilectos de Santiago a Aurora Pereira Carballo, Aurichu, a título póstumo, e de Ezequiel Méndez Vidal; e como Fillos adoptivos a José Porto Buceta e, a título póstumo, a Manuel Quintáns Suárez.

Recoñecerase coa Medalla de Ouro de Santiago á xornalista Tareixa Navaza por ser «a voz dunha vida que nos fala da vida íntima da cidade e nos trae a memoria familiar dun tempo e dun país» e «comprometida coas reclamacións dun lugar para as mulleres e unhas liberdades para todas» e a Luís Pasín Liñares polo seu labor como «voz veciñal e militante entusiasta da democracia» que o converteu en «memoria do seu barrio de Conxo e memoria activa da cidade de Santiago.

Fillos/as predilectos/as e adoptivos/as

A pintora Aurora Pereira Carballo, Aurichu, recibirá o título de Filla predilecta a título póstumo pola súa traxectoria como artista plástica e como deseñadora de roupa e doutros obxectos á fronte durante máis de 25 anos da súa coñecida tenda ‘Xanela’ no corazón histórico da cidade. Esta honra tamén irá para o divulgador e activista cultural Ezequiel Méndez Vidal, por unha prolífica carreira como escritor, actor de teatro, impulsor dun cineclub, productor audiovisual e editor.

Serán nomeados Fillos adoptivos da cidade o sacerdote José Porto Buceta, polo seu «labor encomiable» durante máis de 50 anos como párroco no barrio de Sar «dedicado ás súas veciñas e veciños e, sobre todo, ás mozas e mozos de Sar» a o profesor Manuel Quintáns Suárez a título póstumo, pola súa «laboriosa obra dedicada ás humanidades, á narración oral, ao conto tradicional, ao refraneiro e á cultura popular».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Goretti Sanmartín salientou que será un día de festa e recoñecemento «ben merecido» pois todas as persoas homenaxeadas «deron todo de si para facer unha cidade máis próspera, máis viva, máis crítica e máis feliz».

Etiquetas

compostelaradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha