ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Departamento de Cultura de Arzúa presenta a programación de Nadal 2025-2026

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa xa ten preparada a programación de Nadal 2025-2026 con diferentes propostas como concertos, teatro, maxia, actividades infantís e ata a exposición dun Belén artesán.

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de diciembre de 2025 a las 15:28

Compartir

As actividades comezarán o sábado 13 de decembro na Libraría Anagrama que acollerá a presentación do libro Umbral y candado, trátase do primeiro poemario publicado polo veciño de Arzúa Manuel Mariño Barreiro. O acto, apoiado polo Club de Lectura Municipal, comezará ás 17:00 h.

A programación do Nadal contará este ano coa exposición dun Belén Artesán creado por Sinesia que se poderá ver na Capela da Madanela do 22 ao 30 de decembro en horario de 18:00 a 20:00 h., agás os días 24 e 25 que permanecerá pechada.

O programa de actos tamén contará con actuacións de música, teatro e maxia. A primeira delas levarase a cabo o martes día 23. A Casa da Cultura acollerá a actuación do grupo Le BarLuthier que ofrecerán un espectáculo que mestura música en directo, comedia e coctelería sen alcohol ao estilo piano-bar nunha viaxe no tempo aos anos 30, 40, 50 con música jazz, swing, dixie, latina, etc. Para asistir será necesario reservar previamente contactando co Departamento de Cultura dende o martes 16.

A obra de teatro Testosterona da compañía Malasombra Producións chegará a Arzúa o venres 26 de decembro. Unha comedia que fala da desigualdade laboral entre o home e a muller cos grandes Luis Iglesia e Camila Bossa no elenco. Terá lugar ás 20:30 h. na Casa da Cultura. No mesmo lugar celebrarase o sábado 27 o concerto 25 anos de música co que a Rondalla Moraima pecha un ano de conmemoración con motivo de cumprirse un cuarto de século de vida da formación local. O recital comezará ás 19:00 h. e contará con artistas convidados.

O luns 29 aparecerá o Mago Antón para deleitar ao público co espectáculo O Mago Antón presenta 50 (1975-2025). Fará varios pases no magomóbil que estará instalado no Campo da Feira. Poderase asistir con acceso libre ata completar a capacidade ás 13:00, 17:00, 18:30 e 20:00 h.

O 5 de xaneiro a programación de Nadal pecharase coa Cabalgata de Reis. Os Reis Magos realizarán o clásico percorrido pola vila dende a Casa da Cultura ata o Multiusos Terra do Queixo, acompañados de animación, agasallos e moitas sorpresas. A saída da comitiva será ás 17:30 h. e rematará coa recepción a todas as nenas e nenos por parte das Súas Maxestades.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O concelleiro de cultura, José Luís García, convida a toda a veciñanza e visitantes a desfrutar desta programación na que se procurou “incluír actividades e espectáculos diversos, de calidade e accesibles para todas e todos, co fin de que toda a veciñanza se sinta incluída e motivada a participar e desfrutar dun ambiente festivo e acolledor”.

Etiquetas

arzuacultura
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición