ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoNoticia Líder

O debate político en Santiago crece pola parálise no pago de facturas e incluso polo 25N

O espazo de análise política Hai Debate en Radio Líder Santiago reuniu este luns a representantes dos catro grupos políticos con presenza no Concello de Santiago para abordar dous asuntos que marcaron a actualidade municipal: a polémica protesta da CIG diante da sede do Partido Popular con motivo do 25N e a decisión do Pleno de non aprobar o pago de 1,3 millóns de euros en facturas atrasadas a provedores e autónomos.

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de diciembre de 2025 a las 20:27

Pola esquerda, Abal, Duro, Barcia e César

Compartir

No debate participaron Xan Duro (Compostela Aberta), Marta Abal (PSOE), Nerea Barcia (PP) e Manuel César (BNG), nunha sesión marcada pola tensión dialéctica e a constante chamada á “responsabilidade” e ao “diálogo” entre goberno e oposición.

O 25N e a protesta fronte á sede do PP

A primeira parte do programa centrouse nas protestas realizadas pola CIG diante da sede local do Partido Popular coincidindo co Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N). Os participantes coincidiron en condenar calquera tipo de comportamento violento ou insultante, aínda que desde o PP lamentouse a falta dunha condena máis explícita por parte dalgúns grupos.

Nerea Barcia insistiu en que “hai que condenar os comportamentos violentos con claridade e sen matices”, mentres que Xan Duro e Manuel César fixeron fincapé na necesidade de “non desviar o foco” e centrar o debate nas políticas reais de igualdade e nas accións de prevención da violencia de xénero.

🎙️ @xanduro: “Dixemos desde o primeiro momento que non nos gustaron algunhas das imaxes que vimos na manifestación convocada pola CIG no 25N, pero defendemos o dereito de manifestación e non caemos nas incoherencias nas que cae o PP” pic.twitter.com/RFSLRs3WnI

— Compostela Aberta (@compostelaberta) December 1, 2025

Marta Abal apelou á unidade institucional e á importancia de que “a mensaxe do 25N non se contamine con confrontacións partidarias”, lembrando que “o importante é o que se faga a partir do 25N”.

A pesar das diferenzas retóricas, todos os portavoces coincidiron en defender o traballo institucional para avanzar na igualdade e en rexeitar os comportamentos agresivos ou despectivos que poidan producirse en actos públicos, como os acontecidos en dita protesta, sufridos polo director deste medio, e polos que foi precisa a intervención policial para garantir a súa seguridade.

 O “non pago” de 1,3 millóns de euros en facturas: a fractura no Pleno

O segundo bloque do debate xirou arredor da votación no Pleno municipal na que non se aprobou o pagamento de 1,3 millóns de euros en facturas pendentes a pequenas empresas, PEMES e autónomos. Un episodio cualificado por varios participantes como “inaudito” e “sintomático da falta de diálogo político”.

Manuel César, concelleiro de Facenda, defendeu que o goberno “fixo o posible por desbloquear expedientes atrasados dende 2021” e acusou ao Partido Popular de actuar con “irresponsabilidade” ao votar en contra e impedir o pago.

En cambio, Nerea Barcia xustificou o voto negativo asegurando que “faltou transparencia e comunicación” por parte do executivo local e que o PP “non será cómplice da súa mala xestión”.

Desde o PSOE, Marta Abal fixo un chamamento á responsabilidade colectiva: “O que non se pode facer é dar unha bofetada ao goberno na cara dos provedores. Hai familias e nóminas pendentes de cobrar”, sinalou.

📻Hoxe a nosa concelleira estivo en “Hai debate” de @radioliderstgo analizando a actualidade política

💸 @abal_marta sobre por que hoxe non se van pagar facturas de servizos xa prestados: polo voto en contra do PP e dos concelleiros individuais que fan bloqueo irresponsable👇🏻 pic.twitter.com/ypLjs9eIyu

— PSdeG Santiago de Compostela (@psdegsantiago) December 1, 2025

Xan Duro, pola súa banda, apelou ao “sentido común e á responsabilidade compartida” e criticou a ambos bloques por manter “un xogo de reproches que prexudica directamente á cidadanía”.

Un pleno marcado pola «soberbia» e pola «falta de comunicación»

Durante o debate repetíronse expresións como “soberbia”, “falta de diálogo” e “culpas cruzadas”, síntoma do clima político no Concello compostelán. Tanto goberno como oposición asumiron posturas defensivas: o BNG e Compostela Aberta responsabilizando ao PP do bloqueo, e os populares denunciando “opacidade e improvisación” no equipo de goberno. O PSOE situouse nunha posición máis conciliadora, pedindo “altura política e empatía co tecido económico local”.

Ao final, houbo coincidencia parcial: a urxencia de que se desbloqueen as facturas e se garantan os pagos ás pequenas empresas, que “non poden ser vítimas do xogo político”.

O Hai Debate desta semana deixou patente que, en Santiago, a confrontación política continúa eclipsando a cooperación institucional. Tanto na xestión das protestas do 25N como na crise do pago das facturas, os catro grupos evidenciaron coincidencias nos obxectivos —defender a igualdade e garantir o cobro ás PEMES— pero tamén unha fonda fractura nos métodos e na comunicación.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

bngcompostela abertahai debatepartido popularpoliticapsoeSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Seguridade: BNG e CA «comprenden a preocupación veciñal» ao tempo que acusan ao PP de «alarmismo»
Destacado

Seguridade: BNG e CA «comprenden a preocupación veciñal» ao tempo que acusan ao PP de «alarmismo»