ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O Consorcio de Santiago destina 800.000 € para reparar inmobles da cidade histórica

 

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de enero de 2024 a las 16:36

Compartir

 

 

16/01/2024 O Consorcio de Santiago ven de lanzar una nova convocatoria do programa de ‘Ter é manter’ de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e ao mantemento da envolvente exterior das vivendas da Cidade Histórica compostelá, que nesta edición contará cun orzamento de 800.000 euros. As axudas para os inmobles poderán solicitarse ata o vindeiro 12 de febreiro.

Desde a posta en marcha deste programa de axudas no ano 2006, o Consorcio puxo a disposición dos veciños máis de 3.240.000 euros para estas accións de mellora dos inmobles da cidade histórica. Durante o 2023 concedéronse subvencións a un total de 79 inmobles, tanto para a súa rehabilitación como mantemento.

Estas subvencións abranguen a restauración ou reposición dos elementos especiais de madeira de interese arquitectónico (galerías, ventás e portas de entradas aos edificios), a restauración de reixas , así como as obras complementarias necesarias como a reparación de pedras de soporte deterioradas, por exemplo, xambas ou repisas.

Esta convocatoria tamén cubre o mantemento de elementos da envolvente exterior, tales como fachadas exteriores ou patios interiores e cubertas, ademais de obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio relacionadas coa envolvente exterior, obras de mellora do illamento acústico dos inmobles e as actuacións de consolidación, reposición e mellora das estruturas tradicionais de madeira.

As solicitudes poderán realizarse ata o próximo 12 de febreiro a través da sede electrónica do Consorcio de Santiago ( https://www.consorciodesantiago.gob.es/carpetaciudadana/tramite.aspx?idtramite=24008 ), así como de maneira presencial no rexistro do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59).

Ter é manter’

O programa ‘Ter é manter’ beneficia a propietarios, arrendatarios e titulares dalgún dereito de uso sobre o inmoble, así como a comunidades de propietarios.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para poder acceder a estas axudas é requisito estar dentro do ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica; que o inmoble a manter teña unha antigüidade superior aos dez anos e cumpra coas condicións suficientes de seguridade estrutural e estanqueidade fronte á choiva.

Etiquetas

consorciosantiagozona vella
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago
Sucesos

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago