ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Concello de Teo responde ao comunicado da SR Calo: «Hai consignados 200.000 €»

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de enero de 2026 a las 14:00

Compartir
  • O actual equipo de Goberno é coñecedor da situación do campo desde o momento en que entrou a gobernar, xa que este problema foi herdado do anterior executivo
  • En 2019 foi recepcionada a obra de instalación de céspede artificial e rega no campo de fútbol de Calo, unha actuación que costou un total de 224.939 euros

Teo (A Coruña), 12 de xaneiro de 2026.- Ante o comunicado emitido esta fin de semana polos xogadores e xogadoras da S.R. Calo, o Concello de Teo lembra que ten consignados 200.000 euros nos orzamentos municipais de 2026 para o cambio do céspede no campo do Rebordelo, en Calo.

O actual equipo de Goberno manifesta a súa sorpresa ante o dito escrito, pois as relacions entre goberno local e a directiva do club de fútbol S.R. Calo sempre foron moi cordiais e directas. De feito, o Concello é coñecedor da actual situación do campo municipal desde a súa chegada ao goberno, pois se trata dun problema que xa veu herdado do anterior executivo.

A pesar diso, a alcaldesa mostrou a súa preocupación por esta situación desde o primeiro momento, trasladándolle á directiva do club o apoio incondicional do actual executivo para que todos os xogadores e xogadoras deste equipo puidesen entrenar e xogar nunhas condicións óptimas e seguras. Un apoio que se veu reflexado nas actuacións levadas a cabo desde que o actual equipo de Goberno tomou posesión. Entre elas, o arranxo do muro exterior e outras deficiencias menores, que supuxeron un investimento para o Consistorio de case 24.500 euros, así como a adecuación dos vestiarios.

A problemática do cambio de céspede tamén estivo moi presente nas distintas xuntanzas mantidas coa directiva. De feito, cabe lembrar que en 2019 foi recepcionada a obra de instalación de céspede artificial e rega no campo de fútbol de Calo, unha actuación que
costou un total de 224.939 euros. Foron 5.990 metros cadrados de céspede artificial que cumpría cos criterios de FIFA Quality PRO e a norma UNE 15330-1, porén, en menos de cinco anos xa estaba en pésimas condicións.

Ante esa situación, o Concello púxose en contacto coa empresa adxudicataria para abordar esta deficiencia e que repoñan o material danado. Nestes momentos, estase en negociacións para o dito cambio de céspede e de non chegar a acordo, o Concello xudicializará o tema.

A pesar diso, o goberno local levou a cabo varias actuacións e melloras puntuais no terreo para que se puidera desenvolver con certa normalidade a práctica deportiva. Ata o de agora, o club desenvolvía a súa actividade con normalidade, incluso nestas datas de Nadal solicitou poder realizar un campus para os xogadores máis pequenos, petición que foi aceptada polo Concello.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Agora, ante a preocupación dos xogadores e xogadoras polas condicións do terreo, e como medida preventiva ante posibles lesións ou outras incidencias -das cales o Concello non tivo coñecemento de ningunha ata a data-, o Executivo local está estudando a posibilidade de pechar as ditas instalacións e derivar os entrenos dos case 350 deportistas a outros campos municipais. Unha decisión que se tomará logo de manter, nos vindeiros días, unha xuntanza coa directiva do club.

Etiquetas

deportespoliticasr caloteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo