ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

O Concello de Teo asumirá o pago de máis de 100.000€ pola «deixadez» do anterior goberno

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de marzo de 2025 a las 14:06

Compartir
  • A reclamación foi interposta pola empresa Aquafit Gestion SL, quen xestiona as piscinas municipais teenses, ao negarse o anterior equipo de goberno a actualizar as tarifas a aboar polos usuarios das instalacións
  • A entidade actora presentou en maio de 2019 e en decembro de 2021 ante o Concello de Teo sendos escritos polo que solicitaban a revisión das tarifas
  • O actual goberno municipal deberá enfrontarse ao pago da dunha cantidade superior aos 100.000 euros ao perder o recurso contencioso administrativo

Teo (A Coruña), 21 de marzo de 2025.- O Concello de Teo deberá facerse cargo do pago dunha reclamación de algo máis de 100.000 euros en concepto de danos e prexuizos irrogados, debido á deixadez do anterior executivo local.

Así, en abril do ano 2013, o Concello de Teo suscribiu un contrato concesional para a xestión e explotación das piscinas municipais teenses coa empresa Aquafit Gestión S.L. por un período de oito anos. Este contrato foi prorrogado en marzo do ano 2021 por outros 14 meses, estando nestes momentos en precario como moitos outros contratos que o anterior executivo non arranxou.

Tal e como se recolle no contrato, o Concello tiña que actualizar as tarifas establecidas na ordenanza reguladora do prezo público polo servizo de piscinas de titularidade municipal, un feito que nunca se levou a cabo. Neste senso, a empresa actora presentou en maio de 2019 un escrito ante o Concello onde solicitaba a dita actualización e, en decembro do ano 2021, volveu a presentar outro escrito sen ter contestación algunha polo executivo local de aquel entón.

Ante esta situación, a entidade Aquafit Gestión S.L. interpuxo un recurso contencioso administrativo en febreiro do ano 2023 contra a desestimación por silencio administrativo das reclamacións deducidas en vía administrativa ante o Concello de Teo. Agora, o Xuzgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ditou sentenza e obriga, como non pode ser doutro xeito, ao Concello de Teo a pagar a dita cantidade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Neste senso, o actual Goberno local quere deixar claro que non estaba informado deste procedemento e sinala que está traballando arreo para poñer ao día os máis de 18 contratos que se atopou en precario en xuño de 2023. Algúns deles xa están actualizados e outros se atopan aínda en fase de licitación, pero co obxectivo a medio prazo de ter todo regulado e conforme á lei.

Etiquetas

teo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais
Comarca

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo
Comarca

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto
Comarca

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto