ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolíticaSociedad

O Concello de Santiago celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBI+

28/06/2024 O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto central de celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI+, no que se deu lectura a unha declaración institucional por parte das concelleiras dos diferentes grupos municipais María Rozas (Compostela Aberta), Mercedes Rosón (PSdG PSOE), Míriam Louzao (BNG) e Borja Rubio (PP). A alcaldesa, Goretti Sanmartín, foi a encargada de abrir e pechar o acto que tamén contou coa participación dun grupo de alumnas do IES do Sar.

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de junio de 2024 a las 21:36

Compartir

O acto central do Día do Orgullo LGTBIQ+ abriuse cunhas palabras de benvida da rexedora que reiterou o compromiso institucional «coas persoas e co colectivo LGBTI» na «defensa do seu dereito a vivirmos en diversidade». A continuación un grupo de alumnas do IES do Sar leron fragmentos de texto en verso e prosa a prol da defensa dos dereitos LGBTI+.

As/os integrantes dos diferentes grupos municipais María Rozas (Compostela Aberta), Mercedes Rosón (PSdG PSOE), Míriam Louzao (BNG)e Borja Rubio (PP) leron a continuación o declaración institucional aprobada polo Pleno municipal do pasado 27 de maio, con motivo do Día Internacional do Orgullo LGBTI+, este 28 de xuño, data que conmemora a revolta de Stonwall que se produciu en Nova York en 1969, considerada como o nacemento do movemento LGBTI moderno.

Foto de familia dos asistentes ao acto

Na lectura recordouse que «Santiago leva moitas décadas sendo concello de acollida, ademais do forno no que se xestaron moitas das reivindicacións transformadoras que antecederon os dereitos dos que gozamos hoxe» polo que é importante «coñecer o que aconteceu, e rescatar aquelas historias de discriminación, de resistencia, de solidaderiedade e de loita colectiva, para comprender que somos unha sociedade diversa, un concello diverso».

Nesta declaración a Corporación municipal manifesta a súa «preocupación» polo «incremento nas agresións LGBTIfóbicas, verbais e físicas» e a necesidade de que «desde o ámbito municipal se destinen recursos materiais, económicos e persoais, que garantan que traballamos de forma transversal nos ámbitos da prevención de todo tipo de discriminacións, de atención e asesoramento ás persoas que o necesiten e de intervención social, xurídica e policial coordinada para erradicar todo tipo de violencias».

Por todo isto, a totalidade dos grupos municipais comprométense a través de varias medidas concretas a seguir avanzando cara a un «concello orgulloso, diverso e seguro para que todas as persoas poidamos ser libres en todos os ámbitos das nosas vidas, onde todas as persoas que viven, traballan, estudan ou nos visitan, sintan tamén que Compostela é o lugar onde poder ser quen queremos ser sen ningún tipo de limitación».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

En concreto, as concelleiras que deron lectura á declaración, comprometéronse en nome da Corporación municipal a apoiar as mobilizacións convocadas polo movemento LGBTI+ para hoxe, 28 de xuño; a avanzar na formación interna e na revisión dos formularios municipais para garantir un acceso igualitario e libre de discriminacións aos servizos públicos; a garantir unha perspectiva transversal a todas as áreas municipais dos dereitos das persoas LGBTI+; a seguir apoiando o desenvolvemento e implementación do Protocolo para a abordaxe das violencias sexuais e LGBTIfóbicas no ocio nocturno; a poñer en funcionamento o Servizo de Asesoramento LGBTI+ e a recuperar e poñer en valor a memoria LGBTI+ do noso concello.

Etiquetas

compostelaLGTBIorgulloradio lider santiagosantiagho
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha