ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O Concello de Santiago agarda a valoración de Teo sobre o custo do bus a Cacheiras

07/06/2024.- O informe elaborado pola empresa municipal Tussa sobre a posible extensión da actual liña 6 do transporte urbano de Santiago a Cacheiras, ata a altura da rotonda que comunica a AC-841 coa AG-58, cifra en 1,8 millóns de euros os investimentos necesarios para prestar ese servizo, unha cifra á que habería que engadir outros custos anuais como os da contratación de novo persoal. O estudo responde á solicitude feita pola alcaldesa de Teo para que o Concello de Santiago avaliara a prolongación da liña, e deberá ser agora o concello veciño o que traslade as súas valoracións ao respecto. O informe apunta tamén outras alternativas para prestar o servizo máis rendibles e con maiores garantías xurídicas.

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de junio de 2024 a las 21:49

Compartir

O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, remitiulle ao Concello de Teo o informe sobre a extensión da liña 6, que avalía diferentes opcións para a prestación dese servizo. Tal e como recolle o estudo, prolongar a liña mantendo a calidade do servizo en canto ás frecuencias requiriría tanto a dotación de máis autobuses como a contratación de entre 5 e 6 condutores ou condutoras máis. Iso supón uns custos económicos que non serían asumidos polo Concello de Santiago. O estudo lembra, ademais, que o servizo de transportes que o Concello de Santiago presta ata a urbanización dos Tilos está enmarcado nun convenio de colaboración entre os concellos de Santiago e Teo e a Xunta de Galicia.

O edil lembra que nas conversas mantidas coa alcaldesa de Teo achegóuselle a proposta de que o concello veciño «habilitara liñas internas que conectaran coa liña 6 nos Tilos, seguindo o modelo das liñas alimentadoras coas que se lle vai dar servizo á zona rural de Santiago co novo contrato do transporte, e tal e como hoxe apunta o concello de Teo que prevé impulsar cun proxecto piloto». Ademais, Xan Duro explicou que o informe de Tussa lembra que «o servizo a outros concellos debe realizarse dentro do transporte metropolitano que é competencia da Xunta de Galicia, ou mesmo a través da creación dun Consorcio de Transportes con participación de todas as administracións implicadas, como a autonómica e os concellos de Santiago e Teo, pero tamén os de Ames ou Oroso».

O concelleiro aclarou, ademais, que no novo contrato do servizo de transportes que o Goberno local prevé sacar a licitación «non se inclúen paradas noutros concellos, senón que se deseñou unha liña que atravesará o municipio de Santiago desde os seus límites co Milladoiro ata os límites con Sigüeiro», un deseño de ruta «que non é homologable á que demanda o concello de Teo e que incluiría numerosas paradas no termo municipal veciño».

Etiquetas

bus urbanocacheirasradio lider santiagosantiagoteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol