ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSociedad

O Concello de Padrón únese a veciñanza baixo o berro: Padrón con orgullo!

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de junio de 2024 a las 15:20

Compartir
  • A vila celebrou este venres o Día Internacional do Orgullo LGTBI cunha festa infantil e a actuación do grupo The Teta’s Van
  • A concelleira de Igualdade Mariló Saco leu o manifesto institucional reafirmando o compromiso do goberno local coa promoción da igualdade, da diversidade e dos dereitos humanos

Padrón. 29-06-2024.- O Concello de Padrón celebrou este venres 28 de xuño o Día Internacional do Orgullo LGTBI baixando o pano a todo un mes de xuño cheo de propostas e de actividades co obxectivo de reivindicar a igualdade, a inclusión, o respecto e a aceptación de todas as persoas.

A cativada tamén foi  partícipe deste data cunha convocatoria especial no campo do Souto que incluíu inchables de auga e festa da espuma.

Xa pola noite, a concelleira de Igualdade do Concello de Padrón, Mariló Saco, leu un manifesto institucional para conmemorar este Día Internacional do Orgullo LGTBI nun acto que contou coa presenza do alcalde, Anxo Arca, as concelleiras Ana Castro e Laura Horta, ademais de numerosos veciños e veciñas.

Na súa intervención, Mariló Saco destacou a importancia desta data tanto para a celebración como para a reivindicación dos dereitos das persoas LGTBI e fixo un chamamento á reflexión sobre a realidade actual. Porque malia que nos últimos anos ditáronse moitos avances lexislativos “unha parte da sociedade aínda segue golpeando á outra con niveis intolerables de violencia por mor da súa orientación sexual, identidade e expresión de xénero ou características sexuais”.

Mariló Saco subliñou a importancia de impulsar políticas de diversidade para combater a LGTBfobia, fomentar proxectos de memoria histórica LGTBI, e promover accións de sensibilización contra as múltiples discriminacións que sofren as persoas trans, non binarias e intersexuais.

Para finalizar, a concelleira reafirmou o compromiso do Concello de Padrón coa promoción da igualdade, da diversidade e dos dereitos humanos, traballando activamente para crear unha comunidade inclusiva e respectuosa para toda a súa veciñanza. O acto rematou cun chamamento a todas as persoas presentes na rúa Tetuán a unirse ao lema: «Padrón con orgullo!».

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A festa pechouse co concerto de The Teta’s Van na mesma rúa Tetuán.

Etiquetas

LGTBIorgullopadronradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol