ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Arzúa agasalla 3000 € en premios co comercio local

● Arzúa sortea 3000 € en 50 tarxetas regalo: 10 premios de 100 € e 40 premios de 50 €

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de diciembre de 2023 a las 14:56

Compartir

Arzúa, 13 de decembro de 2023.- A Concellería de Promoción Económica de Arzúa, dirixida por Begoña Balado, organiza a Campaña do Comercio Local Arzúa colaboración co Centro Comercial Aberto de Arzúa (AECA) e ABANCA. Trátase dun sorteo de 50 tarxetas con 3000 € en regalos no que pode participar calquera persoa maior de idade que compre nos comercios e locais de restauración de Arzúa, durante o período da promoción.

Onte tivo lugar a presentación da iniciativa no Concello de Arzúa a cal asistiron a concelleira Begoña Balado; Uxío Villar, director da sucursal de ABANCA de Arzúa; Santiago Villanueva, técnico de turismo do Concello de Arzúa e Cristina Carril, técnica de AECA.

Segundo Begoña Balado “é unha forma de dinamizar e poñer en valor o noso comercio local coa intención de seguir reactivándoo no 2024”.

Poderán participar na campaña todas as persoas físicas maiores de idade, que compren calquera produto ou servizo nos comercios e locais de restauración incluídos dentro do Centro Comercial Aberto de Arzúa (AECA), a excepción dos supermercados, farmacias e gasolineiras, os cales quedan excluídos por ser servizos esenciais.

Os participantes deberán realizar compras superiores a 30€ en calquera establecemento do Centro Comercial Aberto de Arzúa, excepto dos que están excluídos. No tícket, superior a 30€, deberán escribir no reverso o seu nome e apelidos, DNI e número de teléfono, con letra clara e lexible.

Os tíckets debidamente cubertos, deberán ser depositados na urna habilitada na entrada da Casa do Concello, dende o 11 de decembro de 2023 ata o 11 de xaneiro de 2024. Poderá ser válida a participación da mesma persoa en tantos tíckets como compras realice cumprindo estas bases.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A campaña finaliza co sorteo dos premiados ou premiadas o 17 de xaneiro de 2024 ás 12 horas na Capela da Madanela ante o secretario municipal do Concello ou funcionario municipal.

Etiquetas

arzuabonoscomercionadal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición