ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O Concello de Ames presenta o libro antolóxico do XXI Certame Literario

Durante o acto, interviu o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, que dixo “as persoas que participan neste certame non o fan polos premios que se conceden, xa que é un certame humilde, pero que ten un  obxectivo claro como é defender a nosa lingua. Ademais, as persoas premiadas poden ver os seus textos publicados como acontece hoxe coa presentación deste libro”

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de abril de 2025 a las 11:33

Compartir

“Por iso ten tanto valor este certame, porque aínda que os premios económicos non son moi elevados, como pode ser noutras casos, en todas as edicións hai unha alta participación. Na edición de 2024 hai participantes das catro provincias galegas, e incluso nalgunhas edición chegan textos de persoas de fóra de Galicia”

Ames, 26 de abril de 2025.- O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames organizou este sábado 26 de abril, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, un acto para presentar o libro antolóxico do XXI Certame Literario. A dito acto acudiron a maior parte dos gañadores e gañadores do certame literario de 2024, así como varios representantes da Corporación municipal, entre os que se atopaban o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística. O acto estivo presentado pola xornalista de Ames Radio, Belén Martínez.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este sábado o acto de presentación do libro cos 18 textos premiados no XXI Certame Literario de Ames. Belén Martínez, xornalista de Ames Radio, foi a encargada de presentar o acto e de ir dando paso aos gañadores e gañadoras do certame literario de 2024 que leron fragmentos das súas propias creacións.

O alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García; a voceira do Partido Popular de Ames, Oliva Agra; a voceira do Bloque Nacionalista Galego de Ames, Escarlata Pampín; o persoal do departamento do Servizo de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras e Lucía Ferro; e maila xornalista de Ames Radio, Belén Martínez; tamén leron textos dalgúns autores e autoras que non puideron acudir ao acto.

Durante o acto, interviu o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, que dixo “as persoas que participan neste certame non o fan polos premios que se conceden, xa que é un certame humilde, pero que ten un  obxectivo claro como é defender a nosa lingua. Ademais, as persoas premiadas poden ver os seus textos publicados como acontece hoxe coa presentación deste libro. Por iso ten tanto valor este certame, porque aínda que os premios económicos non son moi elevados, como pode ser noutras casos, en todas as edicións hai unha alta participación. Na edición de 2024 hai participantes das catro provincias galegas, e incluso nalgunhas edición chegan textos de persoas de fóra de Galicia”.

XXI Certame Literario do Concello de Ames

No libro inclúense todos os textos finalistas no XXI Certame Literario de Ames 2024 que recibiu un total de 180 traballos. Premiáronse dezaoito propostas que se repartiron entre as categorías de narrativa e poesía e entre as diferentes franxas de idade (maiores de 18, entre 14 e 17 anos e menores de 13).

Os traballos gañadores procedían dun total de 11 concellos distintos, espallados por toda a xeografía galega. Entre a listaxe de obras premiadas atopábanse textos procedentes de Ames, Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Cambados, Santa Comba, Brión, Nigrán, A Laracha, Allariz e Lugo. No concello amesán quedaron dous galardóns: o terceiro premio da primeira categoría na modalidade de poesía e o primeiro premio da terceira categoría na mesma modalidade de poesía.

As persoas gañadoras recibiron como obsequio unha rosa e un dos exemplares deste libro que compila os dezaoito textos gañadores da vixésimo primeira edición do Certame Literario.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O libro está formado por nove relatos de narrativa e outros tantos de poesía. Uns traballos que foron seleccionados de entre 180 propostas por Ismael Ramos Castelo, Nazaret López Rodríguez e Jessica García Romero (Sica Romero), adicados todos eles ao mundo da creación literaria. A recompilación completa pódese consultar premendo nesta ligazón e nas bibliotecas municipais.

Etiquetas

amesCertame Literario
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación