ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaSociedad

O ciclo «Cinema Compostela» traerá o último do audiovisiual galego ás Festas do Apóstolo

04/07/2024 Desde o día 21 ata o 30 de xullo varios espazos da cidade acollerán un ciclo de cine ao aire libre, que proxectarán seis películas recentes do audiovisual galego para público infantil e adulto. Esta actividade foi presentada esta mañá pola concelleira de Festas, Pilar Lueiro, e o director e produtor de cine, Enrique Otero.

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de julio de 2024 a las 19:28

Compartir

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, explicou que, entre o 21 e o 30 de xullo, coincidindo coas Festas do Apóstolo, o Concello exhibirá en espazos públicos da cidade «o máis salientable da produción audiovisual do último ano» en sesións que serán de balde. «Cremos que festa e cultura deben ir da man e neste caso o audiovisual galego que non fai máis ca darnos alegrías, con recoñecementos dentro e fóra do propio país», engadiu.

O ciclo «Cinema Compostela» contará con 6 longas de ficción: ‘Salta!’, ‘O Corno’, ‘As neves’, ‘Cuñados’, ‘Amigos ata a morte’ e ‘Honey moon’, esta última dirixida polo propio Enrique Otero.

Ademais, Pilar Lueiro fixo fincapé na aposta municipal por «estender a festa a todo o territorio municipal e así é que vai dende o corazón verde da cidade como é o parque Eugenio Granell ao rural compostelán como é Verdía, Lavacolla e Villestro».

Programación

Domingo, 21 de xullo – Parque Eugenio Granell
20:00 h ‘Salta!’ / 22:30 h ‘O Corno’

Luns, 22 de xullo – praza de Lavacolla
22:30 h ‘As Neves’

Martes, 23 de xullo – exterior do CSC de Verdía
20:00 h ‘Cuñados’ / 22:30 h ‘Amigos ata a morte’

Luns, 29 de xullo – Carballeira do CSC de Villestro
20:00 h ‘Amigos ata a morte’

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Martes, 30 de xullo – Cemiterio de Bonaval
22:30 h ‘Honey Moon’

Etiquetas

apostolocinemafestasradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fontiñas celebra do 12 ao 14 de xuño unhas festas cheas de música, vermú e ambiente de barrio
Actualidad

Fontiñas celebra do 12 ao 14 de xuño unhas festas cheas de música, vermú e ambiente de barrio

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»