ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

O CEIP Rosalía de Castro entrégalle a Servizos Sociais de Padrón os alimentos recollidos na campaña de Nadal

 

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de diciembre de 2025 a las 12:31

Alumnado de 3º de Primaria. Detrás, ,pola esquerda: Anxo Arca, Mariló Saco, Octavio Sánchez Mallo (director do Rosalía), Begoña Castro (titora de 6º) e Blanca Represas (titora de 3º).

Compartir

O alcalde e a concelleira agradeceron a implicación das familias e da dirección do centro por esta iniciativa

Anxo Arca Mariló Saco recolleron os produtos que se distribuirán agora entre as persoas con menos recursos do municipio

Padrón. 18-12-2025.- Alumnado de terceiro curso de primaria do CEIP Rosalía de Castro xunto co director, Octavio Sánchez, entregáronlle esta mércores ao alcalde, Anxo Arca, e a concelleira Mariló Saco, todos os alimentos que recolleron no colexio durante a campaña de Nadal para colaborar coas familias con menores recursos do municipio.

Os produtos, agrupados en varias caixas, foron doados ao Servizos Sociais municipais para que, dende o Concello, se distribúan entre aquelas familias de Padrón que máis o necesitan.

Ademais de conservas, pasta ou galletas, nesta doazón especial non faltaron os típicos doces de Nadal, para que todas as familias do municipio poidan gozar destas datas. A campaña de recollida comezou a principio deste mes de decembro e volveu ter unha grande acollida entre as familias. “Este é o quinto ano que a organizamos, e ten sempre moi boa acollida entre as familias”, indicou Octavio Sánchez.

No acto estiveron presentes nenos e nenas de terceiro curso de primaria, acompañados pola súa titora, Blanca Represas, polo director do centro, e pola titora de sexto, Begoña Castro.

O alcalde e a concelleira agradeceron a implicación de toda a comunidade educativa nesta iniciativa, que “amosa a solidariedade do alumnado do Rosalía de Castro para facerlle máis agradable o Nadal a todas as familias do municipio”. Mariló Saco resaltou que o Rosalía é o único centro de Padrón que organiza esta iniciativa solidaria.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

CEIP Rosalía de Castropadron
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón
Actualidad

Faia porá o broche final ao “Letreseo” da Fundación Camilo José Cela este venres en Padrón

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Comarca

Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’