ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O BNG organiza un acto informativo en Santiago sobre os efectos de Altri

Intervirán Goretti Sanmartín, Froilán Pallín, Iria Carreira e Ana Miranda

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de abril de 2024 a las 19:24

Compartir

Será este martes 30 de abril ás 20.00h no Centro Sociocultural do Ensanche, co título “Queremos vida, queremos futuro. Altri non!”

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024.- O BNG organiza un acto informativo sobre as consecuencias de implantar a fábrica de Altri en Palas de Rei, no relativo á protección ambiental, produtiva e do patrimonio. Será este martes 30 de abril ás 20.00h no Centro Sociocultural do Ensanche, co título “Queremos vida, queremos futuro. Altri non!”, e contará coas intervencións de Goretti Sanmartín; Froilán Pallín, secretario xeral de Adega; Iria Carreira, deputada no Parlamento galego; e Ana Miranda, eurodeputada e candidata do BNG nas eleccións do 9 de xuño ao Parlamento europeo.

Para o BNG, o proxecto de Altri é un engano ao pobo galego, xa que non supón a posta en marcha dunha fábrica de fibras téxtiles como anunciara o PP, senón unha macrocelulosa contaminante que rexeitaron en Portugal. Este proxecto conta cunha grande oposición social. Rexistráronse arredor de 20.000 alegacións contra esta planta de celulosa de Altri e Greenalia, tanto de colectivos e entidades como de persoas sensibilizadas polo engano que supón esta factoría.

Como vén de anunciar hai uns días a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, propón que os 250 millóns de euros que a Xunta quere entregarlle a Altri para desenvolver esta factoría de celulosa contaminante se destinen á posta en marcha dun Plan Ulloa-Ulla-Arousa para revitalizar e impulsar o desenvolvemento económico destas comarcas, as que estarían afectadas polo proxecto desa multinacional.

Esta instalación requirirá 2,4 millóns de toneladas de eucaliptos, un terzo de todo o que se corta en Galiza nun ano, cunha potencia de consumo eléctrico de 110 megavatios, un terzo da potencia de Alcoa. Con Altri increméntase, así, a aposta pola eucaliptización do territorio para manter esta industria, o que leva á perda de biodiversidade e incremento do risco de incendios ao tratarse de especies pirófitas, que sobreviven despois do lume.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ademais de pór en risco o modo de vida e centos de empresas, este proxecto de Altri tamén pode alterar o patrimonio e o propio Camiño de Santiago.

Etiquetas

altribngcharlacompostelaradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.