ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComercioDestacadoPolítica

O BNG leva aos comercios composteláns a campaña de Nadal “Mellor local, mellor galego”

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de diciembre de 2023 a las 19:08

Compartir
  • Fixo un percorrido por numerosos estabelecementos para informar das propostas do BNG para favorecer o comercio de proximidade

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2023.- O BNG emprende, un ano máis, a campaña de comercio “Mellor local, mellor galego” co reparto de folletos e autocolantes para impulsar as compras no comercio de proximidade.

“Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Galiza, de humanizar cidades e de impedir a desertización socioeconómica dos nosos concellos”, explicou Goretti Sanmartín. “Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e darlle saída á produción galega, de extraordinaria calidade”, engadiu.

“No BNG apostamos por ese comercio de proximidade ao que se pode ir sen necesidade de coller o coche, que fomenta espazos de socialización, que deixa o diñeiro na propia comunidade”, indicou, “e temos comercio e produtos de primeira, por iso esta campaña se centra en incentivar a compra de produtos locais e galegos, con promoción da etiquetaxe en lingua galega”.

Esta campaña que se desenvolve por todo o país tamén aposta pola recuperación dos mercados municipais e das zonas comerciais tradicionais e pola promoción da produción alternativa e ecolóxica, co impulso dunha marca de calidade e de identificación da orixe dos produtos da horta galega.

Ademais, defende a regulación dos horarios comerciais e o estabelecemento de liñas de crédito prioritarias para o comercio de proximidade e a promoción de axudas para implantar ou mellorar establecementos que comercialicen produtos autóctonos.

Día tras día, o Goberno do PP á fronte da Xunta opta por darlle as costas ao sector primario, á industria de transformación e ao comercio de proximidade. Impón un modelo de consumo ao servizo das grandes áreas comerciais de capital foráneo, que empobrece o país, atenta contra a nosa saúde, e mesmo xera hábitos de vida e de ocio deshumanizado

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para o BNG ten que ser unha prioridade na política económica incentivar a comercialización e o consumo de produtos galegos. Un goberno do BNG á fronte da Xunta de Galiza defenderá que na Galiza as persoas produtoras obteñan o máximo beneficio, e que as actividades de transformación dos nosos produtos sexan un factor de xeración de emprego e dinamización económica neste país.

Etiquetas

bngcomercionadalsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Pérez Barral denuncia a pretensión de levar a residencia ao monte pese a que nas Saíñas xa hai 800.000€ investidos
Comarca

Pérez Barral denuncia a pretensión de levar a residencia ao monte pese a que nas Saíñas xa hai 800.000€ investidos

Goretti Sanmartín será a candidata do BNG para revalidar a Alcaldía en 2027
Actualidad

Goretti Sanmartín será a candidata do BNG para revalidar a Alcaldía en 2027

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago